70.000 veciños e veciñas viven en condicións terceiromundistas no barrio da Agra do Orzán.

Nesa zona da Coruña necesitanse zonas verdes na única zona que aínda queda nese barrio sen edificar e non o polígono de vivendas que quere permitir construir a concelleira de urbanismo, señora Mar Barcón, en colaboración coa concelleira de Ordenación Territorial da Xunta, en beneficio de catro construtores.

Tenta enganar aos veciños dicindo que vai ser un parque o que non é máis que un polígono con bloques de vivendas de altura elevada.

Afirma a señora Mar Barcón que gastará diñeiro niso cando o xardinciño que plantea farano os construtores e o Concello non porá nin un euro.

Neste grave conflito xógase a dignidade, a calidade de vida e o medioambiente desta zona degradada da Coruña.

A estas causas xustas enfróntanse os intereses máis espúreos do urbanismo máis salvaxe que poida existir neste momento no noso país.

Os políticos socialistas prefiren actuar para o beneficio das construtoras que para o benestar dos veciños.

O alcalde Losada minusvalora as constantes movilizacións de cada xoves dos residentes.

Pola dignidade da agra, parque xa e non máis vivendas!