19 de junio de 2008
19.06.2008

Transporte de ría: por que nos provocan?

19.06.2008 | 02:00

Irene Márquez Costas - Moaña

Desde que o tribunal da UE condenou ao Estado Español tras considerar que os servizos de transporte de pasaxeiros entre as ribeiras da Ría de Vigo estaban sendo explotados en réxime de monopolio por un único operador, aos usuarios do transporte de ría Moaña-Vigo, a empresa Naviera Mar de Ons tamén nos castiga coas seguintes medias:
1.- Subida do prezo do billete.
2.- Recorte nos horarios das medias (ata as 9.30 horas os barcos saían cada media hora).
3.- Cando antes a venda de billetes estaba atendida por unha traballadora, agora lévana directamente a tripulación, atrasando as saídas e chegadas.
4.- A última: o percorrido faino un barco que aínda que segundo as autoridades cumpre os requisitos legais, nós cremos con todo que atenta contra a nosa saúde; ademais de emitir gases, fai un ruído ensordecedor, por non falar da falta de espazo e outros inconvenientes.
Como usuaria habitual do mesmo desde fai trinta anos, sorpréndeme que servizos públicos tan importantes (sempre se fala da Sanidade, da Educación, pero case nunca falamos da importancia do transporte público) co paso do tempo non sexan mellorados, senón todo o contrario nun momento tan delicado para o noso planeta.
Sirva esta misiva para sensibilizar tanto aos gobernos como á Xunta de Galicia en pro do transporte público de ría como en xeral, e adopten as medidas necesarias para obrigar a Naviera Mar de Ons como mínimo a restablecer os mesmos servizos que viña prestando.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine