Os opositores á educación en Galicia, coma no resto de España, estamos outra vez de loito. As probas de acceso á función docente, previstas para xuño, van seguir estando amañadas, de modo que só os internos poidan participar con opcións reais de obter unha praza; deixando sen apenas oportunidades a quen rematou hai pouco a carreira e aínda non fixo "horas" para a Xunta. Deste xeito, quen acumula puntos por servizos prestados entra practicamente por osmose; simplemente cun cinco, e impedindo que aspirantes con notas por riba do nove poidan acceder a un posto de traballo.

E a testana Consellerías de Educación ameaza con seguir repetindo este tipo de convocatorioas ata o 2010, maila que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia xa aceptou a trámite a impugnación ás listas de aprobados de 2007, promovida pola Asociación Galega de Opositores do Ensino.

Se desde a Consellería e os sindicatos, argúese que os interinos están realmente mellor preparados que o resto dos aspirantes, ¿Por que favorecelos aumentando a bonificación por tempo traballado? ¿Por que eximilos dunha das tres probas? ¿Por que ese empeño en ocultalas cualificacións das diferentes fases? Se son mellores ca min, ¿Por que temen competir comigo en igualdade de condicións?