En Irmans Picaño Renovables son especialistas en climatización e calefacción mediante biomasa, apostando por enerxías limpas e de futuro. Ofertan estufas e caldeiras de pellets, ademais do pellet en si, tanto en sacos como a granel. Son distribuidores das firmas punteiras e ofrecen a mellor gama de produtos a nivel de innovación, apostando por un servizo próximo, transparente e serio. Conta cun equipo profesional que se encarga da instalación das máquinas e da súa posta en marcha, obtendo unha maior garantía de funcionamento dos equipos. O uso de caldeiras en granxas está en auxe, un sector co que estan moi vencellados, e onde ofertan prezos moi competitivos. "O noso reto é a comodidade do cliente no fogar, a súa satisfacción e benestar son os motores para que Irmáns Picaño Renovables siga crecendo".