En Fontanería Ferga ofrecen aos seus clientes unha gran variedade de opcións, asesorandoos segundo as súas posibilidades e empregando dende as novas tecnoloxías e enerxías renovables para mellorar o medio ambiente ata as opcións con enerxías xa existentes dende hai máis tempo, como as caldeiras de gas ou gasóleo. Elaboran presupostos a medida sen compromiso, tanto para reformas como para obra nova. Na actualidade ademais de instalacións de calefacción e fontanería, en Fontanería Ferga SL son especialistas en todo o relacionado coa climatización, gas, enerxía solar, xeotermia e biomasa (todas as enerxías renovables), contra incendios, aspiración centralizada, instalación de tanques de gas e gasóleo, mantementos...