28 de junio de 2019
28.06.2019
banner buzzeando

E se O Bierzo conquistase Galicia enteira?

Unha conta de Twitter organiza unha guerra aleatoria de comarcas na que vai arrasando esta zona galegofalante de León

28.06.2019 | 19:52
As Médulas, unha das zonas máis icónicas do Bierzo // FdV

Primavera de 2022. A metade de Galicia está tinguida de violeta. Non, non é que Podemos se fixese forte tras a ruptura de En Marea. É que O Bierzo está a conquistar o país enteiro. Iso é o que está a ocorrer no mundo virtual: a conta de Twitter GalizanWarBot 2020 desatou a principios de xuño unha guerra automática e aleatoria entre as comarcas galegas. Polo de agora, vai gañando esta zona galegofalante da provincia de León.

A idea está tirada da conta World War Bot, que organiza a contenda a nivel mundial. Trátase dun bot programado para que, cada media hora, unha comarca escollida ao azar conquiste un concello. O proceso remata cando só quede unha comarca en pé, un resultado que é totalmente aleatorio.

"Arriscámonos a un Bierzo total conquest? Pois si", dicía o autor da conta nos chíos nos que explicaba o funcionamento. Unha afirmación que está a resultar premonitoria. Na tarde deste venres, abril de 2022 na guerra virtual, só quedaban 17 comarcas e O Bierzo xa ocupaba metade leste de Galicia de sur a norte. O Baixo Miño, que hai tempo que se fixo coa comarca de Vigo, mostrase como a alternativa máis sólida no sudoeste. Resiste tamén con certo poderío Fisterra, e xa con menos territorio A Coruña ou Ferrol.



Como Twitter é o reino da parodia, ao pouco de nacer este bot alguén creou unha conta na que emula o sistema pero de maneira 'manual', e con comentarios retranqueiros.




Compartir en Twitter
Compartir en Facebook