Blog 
Galdo-Fonte
RSS - Blog de Xosemanuel Galdo- Fonte

El autor

Blog Galdo-Fonte - Xosemanuel Galdo- Fonte

Xosemanuel Galdo- Fonte

De Fene, alérxico ao bipartidismo

Sobre este blog de Comarcas

Puntadas, pespuntes e ganduxes


Archivo

  • 15
    Febrero
    2020

    Comenta

    Comparte

    Twitea

     
    Fene

    Capitulación


    Tras as  proclamas acesas  dos seus dirixentes, o gran  hándicap desa nova esquerda con distintivo progresista que se atribúe   Podemos,  está   o déficit moral, a volatilidade   ideolóxica  e  a total falta de integridade  por toda referencia.

    Capitulación

    A fidelidade debese ser o distintivo que caracterizase o  modus operandi   dos dirixentes xurdidos do movemento  contestatario do 15 M,  pois non en balde, de orixe, o obxectivo dos membros  daquel  movemento de indignación era  impulsar  un sistema político máis participativo que estivese  nas antípodas do bipartidismo PSOE-PP, é dicir do denominado binomio  PPSOE, así como  o control  das corporacións  e a banca , o reaxuste  da división de poderes e  o perfeccionamento do sistema democrático. 

    Dos activistas  que participaron naquelas  acampadas e asembleas, nace o 17 de xaneiro de 2014 Podemos como «iniciativa» política no madrileño Teatro do Barrio, que despois de  arrogarse   o espírito  de rexeneración do 15 M  capitalizando a indignación  emanada da   crise económica, ao pouco tempo crebou aquel anhelo de cambio para transformase nun partido  á vella usanza marcadamente  burocratizado

    Tal é así, que  tras un lustro de permanentes guerras  intestinas a perda do idealismo  primixenio deu paso a un  maquiavelismo obsceno onde a súa función   nada ten que ver coa ética política e  moito menos coa regras de funcionamento democrático,  chegando ao extremo de desertar  de principios programáticos e aceptar o  infumable  neoliberalismo   do PSOE como prezo á súa inclusión  no  Goberno; unha alianza contra natura que para maior complexidade  non conta coa maioría dos escanos, é dicir, que non garante a estabilidade,  pero que ademais compiten entre eles polo mesmo electorado, o que pon de manifesto  que a formación morada levará  a peor parte  nas urnas e que igualmente  está chamada a asumir o  papel  de comparsa.

    Nesta situación de subordinación  e  raquitismo,  a obstinación podemita por tocar poder  a calquera prezo traerá consigo  adversas consecuencias ao provocar o desembarco da organización  de moitos devotos e acelerar  vertixinosamente o seu declive  electoral e con iso reavivar o bipartidismo que viña  enterrar; e todo como consecuencia dunha estratexia errónea  que afasta da formación ao groso dunhas bases fieis ao ideario orixinal , hoxe incompatibles coa  súa controvertida  traxectoria e cada vez máis  afastados da mesma.

    Contra o que se tenta transmitir desde o  oficialismo, a denominada coalición PSOE- Unidas Podemos, para nada conforman un goberno progresista e moito menos de esquerdas, senón  un Executivo que mantén activa  a  liña dura  das  políticas neoliberais en marcha, con estrito  axuste ás determinacións   do FMI e IBEX 35; e cando pasas a formar parte  dun  Goberno  «que se mantén con motor económico neoliberal» que os ministros podemitas sigan sostendo que “veñen cambiar as cousas” resulta canto menos  ofensivo, especialmente,  cando co seu proceder  demostra  actuar  con frivolidade favorecendo  a lóxica do sistema  ao que viñan erradicar

    A incoherente actitude  de Podemos  ten  no seu xefe de filas ao principal referente  de tal deriva ,  a dun  Iglesias  que no  ano 2015 contrariamente  á súa enfermiza   obsesión de agora  en formar parte do Executivo,  manifestaba  que "Gobernar co PSOE destruiríanos electoralmente “.

    A mutación habida  no seu discurso político reflicte o seu estrepitoso desastre como dirixente da organización, tal cal  revelan entre outros,  o fracaso do  sorpaso ao PSOE, a sucesión de caídas electorais ou o inútil  “asalto  aos ceos” e  a escandalosa privatización do partido con participación do seu “séquito” de  acólitos; tendo de percibir por tanto no devandito cambio,  unha estratexia  de preservación do seu liderado, expresiva  dun  comportamento carente de toda ética e politicamente  escabroso..

    Nin é  consecuente nin moito menos   asumible, que aquilo que en 2015 “destruiría electoralmente a Podemos” resulte agora a  solución e clave  para  a súa reactivación, e moito menos  considerando  que a secuencia    intercalada de gobernos  socialdemócratas e de corte  neoliberal foron o referente político  que caracterizou os últimos 35 anos  da nosa  historia recente, e factor  causante da  instauración   dunha    democracia de baixa intensidade, e cuxa consecuencia  foi o  motivo polo  que   actualmente o  país está sumido nun estado  de inflexión ética, política, económica, laboral  e territorial sen precedentes. 

    Capitulación

    A desvergoña  é, que a pesar diso  nunha xogada de  tahúr  Iglesias tenta fortalecer a súa diminuída  capacidade de liderado facendo crer  ás bases de Podemos que a alianza cos socialistas contribuirá á estabilidade, ao crecemento e ao  desenvolvemento do país  a pesar que   a operativa funcional  dos de “puño en rosa” é xusto a antítese de tal propósito e cando a  descapitalización  ideolóxica da formación morada  é  un feito constatable.    

    En boa lóxica Podemos non debeu ir mais alá da  cooperación positiva  con fiscalización concertada do Goberno  e garantindo os seus principios programáticos,para desde a madurez políticas  evitar  a celebración de novos comicios.

    Que “as coalicións son mortais  para o partido máis  pequeno” é algo que  en primeira instancia virán confirmar os   comicios galegos, onde o esborralle  electoral de Podemos farase  especialmente notorio  .

     

     

     

     

     

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook