Encontros
Torroso celebra mañá a súa Xuntanza Veciñal
Haberá diferentes actuacións musicais ao longo do día
Mañá terá lugar a Xuntanza Veciñal de Torroso, unha das citas de convivencia máis representativas da vila de Mos, nunha xornada pensada para tódalas idades.
A xornada arrancará ás 9.00 horas cunha andaina. Ás 12.00 horas comezará a programación musical coa Charanga Sacacorchos, seguida, ás 12.45 horas, do concerto de Turre’s Band. Ás 14.00 horas terá lugar o tradicional xantar veciñal.
Esta edición inclúe unha homenaxe ás comisións de festas da Virxe das Dores e de San Mamede de Torroso, en recoñecemento ao compromiso e ao esforzo voluntario desenvolvido ao longo dos anos para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social da parroquia. Distinguiranse as persoas que formaron parte de ambas comisións ao longo da súa historia.
Pola tarde, o Grupo de Gaitas Son do Abrente actuará ás 16.00 horas, seguido de Antonio Barros e Ialma ás 17.00 horas. Como peche, ás 18.30 horas, proxectarase a película «Rondallas», ademais de inchables para os máis pequenos.
O Concello de Mos anima á veciñanza a participar nunha xornada que pon en valor o asociacionismo e o traballo colectivo como motores da vida comunitaria. O evento está organizado pola Comunidade de Montes de Torroso, a Asociación de Veciños, o Centro Cultural Abrente e as comisións de festas, coa colaboración do Concello e da Deputación de Pontevedra.
- Rescatada del agua una persona que flotaba boca abajo en una playa de Sanxenxo
- Dos toneladas de microplásticos llegan a la ría de Vigo cada año desde el Morrazo
- Abraham Mateo consigue dejar 'loco enamorado' al público de Castrelos
- La Europol incluye en su lista de más buscados a una mujer que se hizo pasar por médica en Lugo y A Coruña
- «Ya no me queda nada por hacer en el partido ni en la política»
- La estudiante viguesa del campus de Pontevedra, Marta Domínguez, se proclama de nuevo campeona de squash del mundo universitario
- Un Celta 'in crescendo' empata ante el Nápoles
- Tres heridos en dos accidentes de tráfico en Cangas y Moaña