Entrevista | Alberto Castro Organizador de Galifornia Beat
«Tendo un bo público, coma o que temos sempre, aseguras uns bos artistas»
«Aínda que deixaron o listón moi alto o ano pasado, levamos tempo traballando arreo para poder superalo»

Alberto Castro, xunto ao seu socio Julio Esperanza. / D.P.
Julio Mera
Esta fin de semana celébrase no paseo do porto da Guarda o festival Galifornia Beat, unha ocasión única para gozar do skate, actividades urbanas e do rock. Pola súa orixinalidade e boa organización estase a converter nun dos eventos máis importantes do verán de Galicia.
Na parte musical, bandas coma os asturianos Pelazo, os madrileños Boston Babies , os guipuscoanos Lie Detectors e o grupo local Santos Mórcegos, entre outros, desfilan polo escenario dun enclave único da costa atlántica. E non só se trata dun festival musical, tamén hai probas de skate & urban, parkour, ou grafiti, entre outras moitas demostracións.
A organización define o festival coma gamberro e con ritmo, e queremos descubrilo de primeira man con Alberto Castro, un dos responsables.
– Xa no derradeiro día da edición 2026, como e quen decide os artistas do festival?
– Principalmente Paxoro (Julio, o outro pilar da organización) é o que se encarga das bandas, aínda que finalmente sempre o decidímos entre os dous.
– Cantos anos levan ao fronte do festival?
– Eu levo dende o principio e Paxoro uniuse un par de anos despois, reforzando a plantilla. Finalmente quedamos nós os dous coa organización de todo o evento.
– Cales son as principais dificultades que atopades no camiño: caché, datas...?
– Principalmente todo o que é a burocracia, papeleos e permisos. É o que máis traballo nos dá e, aínda que temos a colaboración do concello, que é moi importante; e algún que outro patrocinador, aínda que o tema económico é cada vez e máis complicado.
– Que é máis difícil, convencer ao artista para vir, ou ao público para asistir?
– Nós sempre tentamos traer as mellores bandas posibles, e xunto co resto de actividades aseguras un bo público. E tendo un bo público, como o que temos sempre, aseguras uns bos artistas.
– Observamos que no seu cartel se dá espazo a bandas que levan tempo moito tempo traballando moito, e que necesitan e merecen un espazo nos festivais, algo que non é tan habitual. Ese é o camiño?
– Non temos un camiño a seguir, cada ano é diferente e intentamos traer o que nos gusta.
– A festa está asegurada con bandas como Pelazo, Los Retumbes e os guipuscoanos Lie Detectors. O ano pasado, o fin de festa foi espectacular, os integrantes das bandas The Peawees, Los Chicos, The Bo Derek’s e Automatic Lovers tocaron xuntos nunha espectacular traca final. Pódese dicir que imos ter un remate de festival coma o do ano pasado?
– A idea é que sexa mellor. Aínda que deixaron o listón moi alto o ano pasado, levamos tempo traballando arreo para poder superalo.
– Non só hai musica neste festival, tamén programan outras actividades. Cóntenos un pouco en que consisten.
– Sempre tentamos ofrecer un abano de actividades para todos os públicos, entre elas este ano destaca a exhibición de FlatLand, zona Parkour Park, cancha de streetfootball, talleres de skate e tamen de Grafiti. Contaremos tamén con una zona gastro para recargar pilas e poder chegar a tope aos concertos.
– Involucrar a xente nova no festival, é un dos obxectivos?
– Pódese dicir que si, sempre tentamos ter público de todas as idades e en especial nenas e nenos. Enchen de alegría e ilusión calquera ambiente, e iso transmítese aos maiores.
– ¿Cal e o impacto do festival na Guarda?
– A verdade é que estas últimas edicións notamos que a xente espera con moitas ganas o festival, e o bo ambiente que se vive nel fai que a xente da Guarda, e arredores e cada vez máis lonxe, agarden con ganas cada edición.
– Nos últimos anos, está crecendo o número de bandas de rock na Guarda e no Salnés?
– O certo e que si. A Guarda sempre se caracterizou pola escena musical, contando con gran número de bandas de moitos estilos e pola súa calidade.
– Se tivera que describir o festival en poucas palabras, cales serían?
– Skate, rock e diversión.
- Bañeras de mármol y piezas de la balaustrada de hace un siglo entre los restos del derribo del antiguo balneario do Outeiro: la Xunta pide a la Policía Autonómica que acuda al inmueble
- Fallece con cinco días de diferencia el matrimonio centenario de Nigrán tras 78 años de casados
- La Policía Local de Vigo rescata a una joven arrastrada por la corriente unos 50 metros en la desembocadura del Lagares
- Murió tras un error de diagnóstico en las Urgencias del hospital de Ourense después de un accidente en una ambulancia
- Así afecta la presencia de E. coli en las playas de Vigo: esto es lo que pasa si te bañas
- Ya está el calendario escolar 2026-2027 en Galicia: fechas de inicio de curso, vacaciones y claves para la conciliación familiar
- Cangas multará de forma directa y sin actuar subsidiariamente a los propietarios de fincas sin limpiar que sean reincidentes
- Paco y Carmen, el matrimonio centenario de Nigrán que murió en unos días