Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Solidariedade

O Porriño súmase á axuda humanitaria para Venezuela

O Concello financiará o transporte de material de primeira necesidade e organizará unha gala solidaria

Vanesa Ucha, Alejandro Lorenzo e Manuel Pérez.

Vanesa Ucha, Alejandro Lorenzo e Manuel Pérez. / D.P.

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
O Porriño

Máis dun mes despois do terremoto, Venezuela segue a precisar axuda e o Concello do Porriño quere sumarse de xeito activo á iniciativa organizada pola Federación Venezolana en Galicia (FEVEGA). A emerxencia orixinou un elevado número de persoas afectadas e agravou a falla de recursos básicos no país, unha situación que persiste.

Por este motivo, faise un chamamento prioritario á colaboración económica, xa que as doazóns en cartos permiten adquirir de xeito directo e áxil todo tipo de produtos e subministros de primeira necesidade segundo a demanda real sobre o terreo.

Co lema «Cada medicamento, cada insumo y cada aporte cuentan», a campaña levada a cabo por FEVEGA desde Galicia, en coordinación coa Hermandad Gallega en Venezuela, ten como obxectivo recadar fondos tanto para a compra de material esencial como para financiar o transporte da axuda, que supón un custo de 11 euros por cada quilo.

Nunha xuntanza de traballo mantida entre o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo; a concelleira de Inmigración, Vanessa Ucha; e o presidente de FEVEGA, Manuel Pérez, na que tamén participou por videoconferencia o presidente da Hermandad Gallega en Venezuela, Alberto Bello, o rexedor comprometeuse a financiar o envío de axuda e a poñer en marcha unha campaña de visibilización, así como a organización dunha gala solidaria.

O rexedor porriñés, Alejandro Lorenzo, subliñou a importancia de manter o apoio nestes momentos tan difíciles. «É fundamental actuar porque, aínda que o terremoto xa non abra os informativos, os seus efectos seguen sendo devastadores», concluíu o alcalde.

A Federación ten xa activo un número de conta para as doazóns: ES21 0049 0170 5829 1030 7885. O concepto da transferencia debe ser «ayuda humanitaria venezuela 2026».

Tracking Pixel Contents