Catedral
Música no Claustro celebra dúas décadas de música
A programación musical comeza hoxe con concertos de artistas vinculados á historia do festival

Presentación do festival Música no Claustro. / TERE FREIRIA
Música no Claustro celebra a súa XX edición cunha programación que revisita dúas décadas de traxectoria arredor dos valores que definiron o festival dende o seu comezo: a música como espazo de encontro, a investigación e posta en valor do patrimonio, e o compromiso coa creación contemporánea.
Do 1 ao 7 de agosto, a Catedral de Tui acolle sete concertos coa participación de artistas vinculados á historia do festival. Música antiga, de cámara e contemporánea, flamenco, jazz e músicas actuais dialogan nunha programación de entrada libre que se celebra cada noite, ás 21.00 h, no claustro medieval.
Ao longo da semana regresan artistas como Guadi Galego, que ofrece en Tui o seu único concerto do verán, e Silvia Márquez Chulilla, xunto á soprano Eugenia Boix, con novo repertorio arredor do órgano Grenzing da catedral.
A diversidade estilística mantense como seña de identidade: a cantaora Laura Marchal e o guitarrista Víctor Franco actúan da man da AIE, mentres que dende Barcelona chega o trío de jazz liderado pola contrabaixista Giulia Valle, co pianista Biel Harper e a batería Andrea G. Giráldez.
O diálogo entre arquivo e creación contemporánea segue presente: Lítore Quartet explora a polifonía barroca de Matías García Benayas e estrea o motete microtonal Lux Glaciei, de Irene Cantos. Márquez Chulilla e Boix afondan nun programa mariano do arquivo catedralicio, e Jonatan Alvarado recupera o Graduale in Festo Dedicationis Ecclesiae Locus iste.
A XX edición pecha co concerto de Sara Areal, que xunto á pianista Andrea Vilar e un ensemble de cordas presenta Poema infinito, proxecto apoiado polo INJUVE que inclúe unha estrea de Carme Rodríguez e reflexiona sobre a saúde mental, eixo social do festival que se completa coa charla de Ideas Peregrinas entre Giulia Valle e a musicóloga Pilar Serrano Betored.
O acceso libre aos concertos é posible grazas ao Concello de Tui, a Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia e a colaboración de Cabreiroá, Gadis, Javier Vales e AIE.
En paralelo, Resonancias Espazo Lutier ofrece unha conversa sobre o remate do órgano da catedral e presenta o proxecto I+D+i Guitarra, son de madeira galega. Ábrese tamén a inscrición para os obradoiros de mantemento de instrumentos con Adrián Vilaboa e Jose Catoira, e o taller de ilustración con Iria Prol.
- Muere un marinero del cerco en un accidente mientras faenaba en las Cíes
- El Náutico de San Vicente vuelve a instalar una valla opaca para ocultar sus conciertos y reducir los problemas que causan
- Un incendio forestal que ya supera las 20 hectáreas moviliza decenas de medios en Ponteareas
- Manuel Freire y Dolores Pastoriza celebran los 60 años de casados
- La universidad pasa factura emocional en Galicia: casi 500 estudiantes piden ayuda psicológica a sus campus en un año
- Muere en Ourense Marcos Rodríguez Pantoja, el hombre que vivió más de una década aislado con lobos en Sierra Morena
- Un lunes de colapso en las carreteras de O Morrazo
- Portugal perfila los 12 trenes con los que unirá con Alta Velocidad Lisboa, Oporto y Galicia: más de 500 plazas en dos clases y sin cafetería