Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Audiovisual

«Memoria do Mar» para rescatar a voz da súa xente

A Capitanía Marítima de Baiona acolleu a presentación do documental de trece mozos e mozas

Foto de familia na presentación do documental.

Foto de familia na presentación do documental. / D.P.

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Baiona

A Capitanía Marítima de Baiona acolleu o acto de clausura do Campo de Voluntariado «Memoria do Mar» e a presentación do documental elaborado polos trece mozos e mozas participantes nesta iniciativa da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, enmarcada na súa Campaña de Verán.

O acto contou coa presenza do alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, acompañado da directora xeral de Xuventude, Lara Meneses; da deputada provincial Paula Bouzós; da concelleira de Xuventude, Ruth Álvarez González; do director do campo de voluntariado e representante da Cooperativa A Casa das Redes, Muqui Maciel Carneiro; representantes da Confraría de Pescadores A Anunciada, veciñanza e numerosas persoas que quixeron acompañar aos participantes nesta presentación.

O documental recolle a memoria viva da tradición mariñeira de Baiona a través dos testemuños de Ángela Cedeira (Lita), Josefa González (Fina), Antonio Sánchez (Tono), Jesús Goce (Suso «O Negro») e Eumelio Goce (Ito), protagonistas desta produción audiovisual que compartiron as súas vivencias, lembranzas e experiencias ligadas ao mar, contribuíndo á conservación dun patrimonio inmaterial de enorme valor para a vila.

Durante o acto, a concelleira de Xuventude, Ruth Álvarez González, destacou o papel do voluntariado xuvenil como ferramenta para preservar a memoria colectiva, mentres que Muqui Maciel Carneiro fixo un repaso do traballo desenvolvido ao longo das dúas semanas do campo, nas que os participantes investigaron o patrimonio marítimo de Baiona, entrevistaron á xente do mar e produciron o documental titorizados pola empresa Filmes de Pedra, coa colaboración de Guti Vilar.

Tras a proxección da peza audiovisual, a directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, felicitou aos participantes polo traballo realizado e destacou o valor dos campos de voluntariado como espazos de aprendizaxe, compromiso social e crecemento persoal da xuventude. Pola súa banda, o alcalde, Jesús Vázquez Almuíña, puxo en valor unha iniciativa que une xuventude e patrimonio. O rexedor subliñou que a memoria dun pobo tamén se constrúe a través das experiencias das persoas, e agradeceu tanto ás protagonistas do documental por compartir a súa memoria como aos voluntarios e voluntarias.

Tracking Pixel Contents