Gastronomía
Todo listo para degustar a lamprea seca, estrela do verán
A Carballeira de Turbela acollerá tres xornadas de gastronomía, música e deporte

Sobre estas liñas, brinde de autoridades o pasado ano. Á dereita, | // D.P.
Arbo xa está listo para celebrar a XXXI Festa da Lamprea Seca, que se desenvolverá do 7 ao 9 de agosto na Carballeira de Turbela. A cita, unha das máis emblemáticas do calendario festivo local, renderá homenaxe aos dous piares que definen a identidade do municipio, a lamprea e os viños con D.O. Rías Baixas.
A Festa da Lamprea Seca é case un rito anual que celebra unha reliquia culinaria que sobreviviu ao paso dos séculos. Durante tres días, os asistentes poderán gozar da harmonía perfecta entre a lamprea de Arbo, elaborada coa maestría das cociñas locais, e os caldos das adegas do municipio, nun marco tan idílico como a Carballeira de Turbela.
O alcalde de Arbo, Horacio Gil, subliñou a importancia desta celebración para o municipio: «A Festa da Lamprea Seca é moito máis que un evento; é o momento no que Arbo rende homenaxe unha vez máis aos seus maiores tesouros gastronómicos. Convidamos a todos e a todas a vir a Arbo, a gozar da nosa hospitalidade e a coñecer de primeira man as nosas sinais de identidade, que con tanto orgullo protexemos e compartimos», sinalou o rexedor.
Programación
A celebración arrincará o venres 7 de agosto ás 20:00 horas coa apertura de stands de viño e produtos locais, acompañada dunha feira de artesanía e antigüidades. A xornada contará co concerto tributo a Joaquín Sabina, Eh Sabina, na Carballeira de Turbela, e co III Festival Lamprey’Music, cos DJ Charlie e DJ Ekix na Praza do Concello.
O sábado 8 de agosto, o deporte tomará protagonismo coa «Andaina Popular da XXXI Lamprea Seca», seguida dunha xornada de música en directo co grupo Sorcha e o concerto de Xisco Feijóo pola noite. Os máis pequenos tamén terán o seu espazo, con actividades e inchables gratuítos pensados para toda a familia.
O domingo 9 de agosto pecharase o evento cunha xornada especialmente dedicada ao deporte e á tradición. Como parte fundamental da programación, celebrarase a Festa da Bicicleta de Arbo, un evento que combina ocio e deporte nun marco incomparable. A proba ciclista, de dificultade baixa e destinada a todos os amantes do ciclismo, está programada coa saída fixada ás 09:00 horas dende a Praza do Concello de Arbo, sendo o uso do casco obrigatorio para todos os participantes.

A festa da bicicleta percorre paraxes de grande beleza. / FDV
A participación na Festa da Bicicleta é totalmente gratuíta e, ao finalizar, realizarase un sorteo entre os inscritos de vales de degustación de lamprea e viño das adegas de Arbo. As persoas interesadas deben formalizar a súa inscrición nas oficinas municipais ou enviando un correo a vicentacerdeira@hotmail.es antes do 4 de agosto.
A xornada dominical completarase con pasarrúas tradicionais a cargo da A.C. Barca de Loimil, e coas actuacións musicais de Pepe Piña y los Robinson e Malvela, que porán o ramo de ouro a esta edición.
Visitas guiadas
Ademais, durante os tres días de celebración, ofreceranse visitas guiadas ao Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea «Arabo», permitindo aos visitantes profundar na historia e no proceso de elaboración destes tesouros gastronómicos que definen a identidade de Arbo dende hai xeracións.
O museo estrea unha proposta modernizada e adaptada a todos os públicos, con novos contidos audiovisuais sobre o ciclo vital da lamprea, os recursos turísticos do municipio e a historia da festa, ademais de espazos didácticos e infantís. O percorrido complétase na Viñoteca, onde se pode coñecer as adegas con D.O. e degustar os seus viños.
As visitas guiadas gratuítas terán quendas o venres 7 e sábado 8 ás 11:30, 13:00, 16:30 e 18:00 h, e o domingo 9 só pola mañá (11:30 e 13:00 h). Pódese reservar en museoarabo@concellodearbo.gal ou no 986 665 778.
- Muere un marinero del cerco en un accidente mientras faenaba en las Cíes
- El Náutico de San Vicente vuelve a instalar una valla opaca para ocultar sus conciertos y reducir los problemas que causan
- Un incendio forestal que ya supera las 20 hectáreas moviliza decenas de medios en Ponteareas
- Manuel Freire y Dolores Pastoriza celebran los 60 años de casados
- La universidad pasa factura emocional en Galicia: casi 500 estudiantes piden ayuda psicológica a sus campus en un año
- Muere en Ourense Marcos Rodríguez Pantoja, el hombre que vivió más de una década aislado con lobos en Sierra Morena
- Un lunes de colapso en las carreteras de O Morrazo
- Portugal perfila los 12 trenes con los que unirá con Alta Velocidad Lisboa, Oporto y Galicia: más de 500 plazas en dos clases y sin cafetería