Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Running

A Guarda estrea a I Milla Urbana das Festas do Monte

A proba terá lugar vindeiro luns con saída e meta na Alameda

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
A Guarda

O vindeiro luns 3 de agosto, ás 17:00 horas, A Guarda acollerá a celebración da I Milla Urbana das Festas do Monte, unha nova proba que nace coa vocación de converterse nun referente deportivo dentro das tradicionais Festas do Monte.

A competición disputarase sobre a distancia clásica da milla (1.609 metros), nun circuíto urbano que percorrerá algunhas das principais rúas da vila, con saída e meta na Alameda. A proba servirá, ademais, como antesala dunha das citas máis emblemáticas do calendario guardés: a tradicional subida ao Monte Santa Trega.

A carreira está aberta a participantes de todas as idades, con categorías desde os máis pequenos ata atletas sénior e veteráns. Os máis pequenos disporán de percorridos de 100, 300 e 800 metros, mentres que as categorías absolutas competirán sobre a milla completa.

A organización habilitará servizo de duchas nas instalacións do IES A Sangriña ao remate da proba.

Tracking Pixel Contents