Conciliación
Gondomar clausura unha nova edición do campus Gondoverán
Máis de 100 menores participaron durante o mes de xullo nesta iniciativa

Participantes e monitores de Gondoverán, xunto a Paco Ferreira e Nuria Lameiro. / D.P.
O Concello de Gondomar vén de clausurar unha nova edición de Gondoverán, o Campus de Conciliación de verán, unha iniciativa que un ano máis facilitou a conciliación da vida familiar e laboral durante o mes de xullo. O programa contou coa participación de máis de 100 menores do municipio.
Ao longo de todo o campus, os participantes desfrutaron dun completo programa de actividades educativas, deportivas, culturais e de lecer, desenvolvidas tanto nas instalacións do CEIP Chano Piñeiro como en diferentes espazos do municipio e doutros concellos da contorna. Trátase dunha programación deseñada especificamente para fomentar a convivencia, a aprendizaxe, a autonomía e o lecer saudable durante o período estival.
Desde o Concello de Gondomar faise un balance moi positivo desta edición, na que os nenos e nenas puideron vivir un verán activo, crear novas amizades e participar en múltiples experiencias que contribuíron ao seu desenvolvemento persoal nunha contorna segura e enriquecedora.
O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, e a concelleira responsable da área, Nuria Lameiro, quixeron agradecer a implicación das familias, así como o compromiso e a profesionalidade do equipo de monitores e monitoras e de todas as persoas que colaboraron no desenvolvemento do campus.
Iniciativas como Gondoverán, ademais de ofrecer unha alternativa educativa e de lecer de calidade durante o verán, constitúen un importante apoio para as familias do municipio, favorecendo a conciliación da vida familiar e laboral.
Neste sentido, o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, destacou que «Gondoverán é moito máis ca un campus de verán. É unha ferramenta fundamental para apoiar ás familias do noso concello, ao tempo que ofrecemos aos máis pequenos un espazo onde aprender, convivir e desfrutar dun lecer saudable». O rexedor engadiu que «seguiremos traballando para manter e reforzar iniciativas como esta, que teñen unha excelente acollida e responden ás necesidades reais da veciñanza».
- Muere un marinero del cerco en un accidente mientras faenaba en las Cíes
- El Náutico de San Vicente vuelve a instalar una valla opaca para ocultar sus conciertos y reducir los problemas que causan
- Un incendio forestal que ya supera las 20 hectáreas moviliza decenas de medios en Ponteareas
- Manuel Freire y Dolores Pastoriza celebran los 60 años de casados
- La universidad pasa factura emocional en Galicia: casi 500 estudiantes piden ayuda psicológica a sus campus en un año
- Muere en Ourense Marcos Rodríguez Pantoja, el hombre que vivió más de una década aislado con lobos en Sierra Morena
- Un lunes de colapso en las carreteras de O Morrazo
- Portugal perfila los 12 trenes con los que unirá con Alta Velocidad Lisboa, Oporto y Galicia: más de 500 plazas en dos clases y sin cafetería