San Fiz
Festas patronais en Nigrán
A vila pon hoxe o ramo a unha semana de festexos
Nigrán vive hoxe o seu día grande coa celebración de San Fiz, patrón do municipio, nunha xornada que pon punto final a unha semana de actividades.
A festa arrincou o pasado martes coa proxección, na Praza do Concello, da longametraxe San Simón, dirixida por Miguel Ángel Delgado e na que participaron 60 veciños de Nigrán como extras. A película, estreada o ano pasado, narra o período histórico no que a illa, antigo lazareto, funcionou como unha das prisións franquistas máis terribles do país.
O xoves continuou a programación cun concerto de música de cámara na Igrexa do Ceán, a cargo da soprano Indra Sesti, a violonchelista Rebeca Núñez e o clarinetista David Piñeiro, que interpretaron obras de Vivaldi, Haendel, Albéniz e Gerónimo Giménez. A xornada completouse cunha actuación musical en directo na Praza do Concello.
Onte e hoxe é a quenda da tradicional festa maior no torreiro do Ceán, con verbenas a cargo de D’Lider e Ritmo e de Orquesta Compostela, respectivamente.
Hoxe, día de San Fiz, a Banda de Música do Val Miñor ofrece un concerto na Praza do Concello ás 11:00 horas antes de trasladarse ao Ceán, onde a Coral Novos Aires de Nigrán cantará na Misa Maior. Tras a procesión, a banda volverá tocar mentres os asistentes degustan o polbo, cunha cantina habilitada no propio torreiro.
- Muere un marinero del cerco en un accidente mientras faenaba en las Cíes
- El Náutico de San Vicente vuelve a instalar una valla opaca para ocultar sus conciertos y reducir los problemas que causan
- Un incendio forestal que ya supera las 20 hectáreas moviliza decenas de medios en Ponteareas
- Manuel Freire y Dolores Pastoriza celebran los 60 años de casados
- La universidad pasa factura emocional en Galicia: casi 500 estudiantes piden ayuda psicológica a sus campus en un año
- Muere en Ourense Marcos Rodríguez Pantoja, el hombre que vivió más de una década aislado con lobos en Sierra Morena
- Un lunes de colapso en las carreteras de O Morrazo
- Portugal perfila los 12 trenes con los que unirá con Alta Velocidad Lisboa, Oporto y Galicia: más de 500 plazas en dos clases y sin cafetería