Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Astronomía

Eclipse e perseidas en Mos

O Castro de Herville acollerá unha tarde histórica de astronomía

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Mos

Mos acollerá o próximo 12 de agosto a actividade «Mos Baixo as Estrelas», unha proposta que combinará divulgación científica, música, maxia, gastronomía e observación astronómica no Castro de Herville, coincidindo coa eclipse solar e coa chuvia de estrelas das Perseidas.

A xornada arrancará ás 19:15 horas cunha saída desde o Castro cara á mámoa de Chan da Carreira, onde ás 19:30 horas comezará unha actividade divulgativa sobre a eclipse solar e as precaucións para observalo con seguridade. O momento de máxima ocultación do Sol está previsto para as 20:30 horas.

Entre as 20:45 e as 21:30 horas terá lugar unha andaina guiada pola Comunidade de Montes de Herville, mentres se abre o espazo gastronómico e actúa o Grupo Arume de Guizán. A programación seguirá coa actuación do Mago Marco e o concerto do Grupo Patinamá, ademais de obradoiros infantís de pintacaras, calcomanías e atrapasoños.

Como remate, entre as 00:15 e a 01:00 horas, celebrarase unha sesión de observación do ceo nocturno e das Perseidas.

O Concello lembra que varias actividades teñen prazas limitadas e require inscrición previa, e convida á veciñanza a gozar desta noite astronómica no Castro de Herville.

Tracking Pixel Contents