Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Activaemos

Concello e AEMOS crean unha carreira contra a violencia

A cita busca fomentar a participación cidadá

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Mos

O Concello de Mos colaborará con AEMOS na organización da I Carreira Popular ACTIVAEMOS, unha iniciativa que se celebrará o 11 de outubro e que nace co obxectivo de promover o deporte como espazo de participación cidadá e contribuír á sensibilización fronte á violencia de xénero.

Para preparar esta primeira edición, mantívose unha reunión de coordinación na que participaron a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; o concelleiro de Igualdade, Leo Costas; a directora do Centro de Información á Muller (CIM), Ana Cabaleiro; a deputada provincial de Igualdade, Paula Bouzós; e representantes de AEMOS. A proba forma parte da conmemoración do aniversario do programa Insere Activa, desenvolvido por AEMOS para favorecer a inserción sociolaboral de vítimas de violencia de xénero. Nesta primeira edición, as mulleres de Activa 10 cumplirán un papel relevante na organización, dando a coñecer o valor da inserción laboral.

A carreira terá un compoñente solidario, xa que o excedente destinarase a unha entidade dedicada á formación e inserción laboral de persoas vulnerables.

Tracking Pixel Contents