Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Recoñecementos

A Caniza homenaxea a ADECA coa Medalla de Prata da Vila

A Asociación Deportiva Caniza C.F. recibiu esta distinción polos vinte e cinco anos de traxectoria

Entrega do diploma que acredita o recoñecemento.

Entrega do diploma que acredita o recoñecemento. / D.P.

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
A Caniza

O Salón de Plenos da Casa Consistorial acolleu o acto solemne de entrega da Medalla de Prata da Vila á Asociación Deportiva Cañiza C.F. (ADECA). A cerimonia, presidida polo Alcalde Luis Piña, reuniu a membros da Corporación Municipal xunto á familia deportiva de ADECA e á veciñanza que quixo acompañar á entidade nesta xornada.

O acto comezou coa benvida do Alcalde, á que seguiu a lectura por parte da Teniente de Alcalde Mª José Rodríguez da resolución pola que a Corporación Municipal acordou conceder esta distinción á Asociación. A distinción recoñece os servizos prestados pola entidade á vila durante os seus primeiros vinte e cinco anos de actividade, así como a súa contribución ao desenvolvemento do deporte base, á promoción de valores como o esforzo, o compañeirismo e o respecto, e ao fortalecemento do tecido social do municipio.

O Alcalde fixo entrega da medalla aos representantes da entidade, nun dos momentos máis emotivos da xornada. Tomou a palabra o fundador e primeiro presidente da Asociación, César Rodríguez, seguido de Mónica Almuiña, actual presidenta do C.F. Cañiza, que repasou a historia da entidade e lembrou o esforzo e a dedicación de todas as persoas que contribuíron ao seu crecemento desde a súa creación.

Luis Piña pechou a rolda de intervencións felicitando á gran familia de ADECA por este merecido recoñecemento. O Alcalde agradeceu o labor dos catro presidentes que tivo a entidade (César Rodríguez, Ricardo Coello, Santiago Lage e Mónica Almuiña) así como o de directivos, adestradores, colaboradores, xogadores e familias, subliñando que o verdadeiro éxito de ADECA vai máis alá dos resultados deportivos, ao ser un referente na educación en valores e na convivencia.

Mónica Almuiña asinou, en nome da asociación, no Libro de Honra do Concello.

A interpretación do Himno de Galicia puxo o broche final ao acto.

Tracking Pixel Contents