Celebración
As Festas da Anunciada refrescan as rúas de Baiona
A vila acollerá, entre outras cousas, a comparsa de xigantes e cabezudos e concurso de cucañas

Concurso de cucañas no porto pesqueiro. | // D.P.
Baiona está de festa, coa celebración da Festa da Anunciada, que enche as rúas do Casco Histórico de cor e música coa tradicional Comparsa de Xigantes e Cabezudos.
O desfile terá lugar tanto hoce coma mañá, con saída ás 11:00 horas desde a Praza do Concello. A comitiva estará formada por dez cabezudos (a Ratoniña, o Popeye, o Demo, o Napoleón, o Negro, a Negra, o Pallaso de cabeza grande e o Pallaso de cabeza pequena, o Gato de cabeza pequena e a Bruxa de cabeza pequena) acompañados de dous Xigantes, o Rei e a Raíña, que bailarán ao son da música durante todo o percorrido polas rúas do casco vello.
Xunto ao desfile, outra das citas máis divertidas do programa festivo será o concurso de Cucañas Marítimas, previsto para mañá ás 17:00 horas no porto pesqueiro de Baiona. Esta proba, que cada ano congrega a numeroso público na contorna portuaria, contará con dous tipos de galardóns: a Bandeira normal, dotada con 10 euros, e a Bandeira especial, cun premio de 20 euros.
Como xa é costume nas últimas edicións, a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona patrocinará de novo a bandeira Aceba, cun importe de 25 euros, grazas á colaboración dos establecementos da vila, que se suman así a esta cita marcada no calendario festivo do verán baionés.
A programación festiva arrinca hoxe cunha visita guiada aos Muíños de Baredo, ás 11:00 horas. Xa pola noite, o Parque da Palma acollerá a actuación da orquestra Los Player’s, a partir das 23:00 horas. A festa continuará cos fogos de artificio, previstos para a medianoite.
O domingo 2 pecharase o programa cunha nova sesión musical no Parque da Palma, onde ás 23:00 horas actuará a orquestra París de Noia, poñendo así o broche final a unhas festas que combinan tradición, música e diversión para todas as idades.
- Muere un marinero del cerco en un accidente mientras faenaba en las Cíes
- El Náutico de San Vicente vuelve a instalar una valla opaca para ocultar sus conciertos y reducir los problemas que causan
- Un incendio forestal que ya supera las 20 hectáreas moviliza decenas de medios en Ponteareas
- Manuel Freire y Dolores Pastoriza celebran los 60 años de casados
- La universidad pasa factura emocional en Galicia: casi 500 estudiantes piden ayuda psicológica a sus campus en un año
- Muere en Ourense Marcos Rodríguez Pantoja, el hombre que vivió más de una década aislado con lobos en Sierra Morena
- Un lunes de colapso en las carreteras de O Morrazo
- Portugal perfila los 12 trenes con los que unirá con Alta Velocidad Lisboa, Oporto y Galicia: más de 500 plazas en dos clases y sin cafetería