Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Redondela

16 roteiros ambientais para activar o mes de agosto

Este ano hai novidades como a «Orientaventura Cultural» en Vilar de Infesta e unha ruta botánica pola vila

Presentación dos roteiros ambientais de agosto.  | // D.P.

Presentación dos roteiros ambientais de agosto. | // D.P.

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Redondela

O Concello de Redondela presenou a súa programación de Roteiros Ambientais e Culturais para agosto, que amplía as propostas de anteriores edicións con novos itinerarios pensados para o público familiar.

Entre as novidades destaca a «Orientaventura Cultural» en Vilar de Infesta (martes 25), dirixida a familias e mozos de 10 a 15 anos, xunto coa ruta «Usos das Plantas da Vila» (domingo 9) e os percorridos por «As Pedras de Ventosela», «Terras de Saxamonde e Vilar de Infesta» e os muíños do río Pexegueiro.

A concelleira de Cultura e Turismo, Rita Pérez, destacou o valor pedagóxico das actividades, mentres que o concelleiro de Infraestruturas e Sostibilidade, Roberto Villar, subliñou o compromiso ambiental do programa e a aposta por un turismo sostible que respecta ríos, montes e litoral.

O calendario inclúe ademais paseos nocturnos, visitas guiadas ao Cemiterio dos Eidos, a ruta teatralizada no Museo Meirande e dúas saídas en cáiac, á Portela e a Enseada de San Simón, únicas actividades de pago (20 euros por persoa).

A maioría das propostas son gratuítas e requiren inscrición previa por prazas limitadas na Oficina Municipal de Turismo, no teléfono 986 401 713 ou no correo turismo@redondela.gal.

TEMAS

Tracking Pixel Contents