Rock in Río Tea 2026
Voando vou, voando veño

Sobre estas liñas, Kiko Veneno durante o seu concerto. Á esquerda, o público no Rock in Río Tea 2026. | // SOMBRA
Rafael Martínez
Kiko Veneno parou o tempo o pasado sábado na Feira Vella de Ponteareas. Arroupado por unha excelente banda de músicos e tras máis dunha hora de concerto, despachouse coa canción que compuxo para Veneno e que Camarón de la Isla fixo mundialmente famosa, «Volando voy». E cunha expresión clara de satisfacción polo traballo ben feito, Kiko animouse a cantar o retrouso en galego, «Voando vou, voando veño», e o público entregado cantou parando o tempo. Porque as boas cancións paran o tempo. Kiko despachou un repertorio equilibrado desas cancións, «Lobo López», «Echo de menos», «En un mercedes blanco», «Joselito» ou «Hace calor» soaron frescas, directas, e maxistralmente interpretadas. Cando un artista coma Kiko Veneno segue tendo fame de cancións que paran o tempo é un diamante no que a idade importa pouco. O Rock in Río Tea volveu darnos un agasallo para recordar e recoñecer. Deberíamos ser devotos desta xente.
Facer o ben
Un festival gratuíto, no centro da vila, con diferentes opcións e apostando claramente polo local. Coma dicía Kiko na conversa pola tarde, «o que poida facer o ben, que o faga», e estes homes e mulleres do Rock in Río Tea fan o ben.
Todo comezou o venres; os alumnos do CDM, como cada ano, estrearon a edición. Outro sinal que non por ser habitual deixa de ser extraordinaria. Decenas de rapaces de todas as idades interpretaron clásicos do rock, compartiron escenario e backstage con bandas consolidadas e tocaron coma eles, con equipo de son e técnicos de primeira liña. O fútbol non foi obstáculo. Gañou o talento da xente nova con claridade.

Voando vou, voando veño
Logo, O Caimán do Río Tea presentou o seu novo disco Vou pa Portujal, cando fan trinta e cinco anos dende o seu primeiro concerto no mesmo lugar. Quizais por iso se marcaron a sorpresa deconvidar a Miguel Costas, un dos fundadores de Siniestro Total, que gozou coma un rapaz pequeno interpretando catro dos seus clásicos. Miguel ten unha pedra no paso da fama do rock and roll da Feira Vella e apoiou o festival na súa segunda edición sendo cabeza de cartel. Xa pasaron algúns anos daquela, máis o público parou o tempo esa noite para corear sen fisuras «Miña Terra Galega». Un momento máxico, entrañable e único. Extrogenuinas tomou o relevo co seu punk-pop inmediato e irreverente. A banda afincada en Madrid regalou unha boa sesión de chill-out e reivindicaron a comedia coma vértice esencial da súa música. Un bo concerto e unha boa sorpresa. A noite seguiu cunha das bandas de referencia desta edición, tamén conectada con Ponteareas, Rebelióm do Inframundo que descargou o seu novo disco Orgulho ante un público entregado. As cancións do seu novo disco soaron contundentes identidade do seu hip-hop aderezado con electrónica e hard-core. Arrhythmia pechou o venres ofrecendo toda unha declaración de intensidade na súa fusión de metal e electrónica.
E se Kiko Veneno reinou na noite do sábado, non podemos esquecernos de dúas bandas locais, Alteanos e Errantes. A primeira sorprendeu cunha posta en escena e repertorio que vai máis alá do talento xove. Coro gospel, adaptacións atrevidas e moito oficio para unha banda de xente nova que promete boas noites de rock. E logo, Errantes. A banda ponteareana apostou pola composición propia e ofreceu un concerto cargado de calidade e medios tempos ben traballados. Xa amosaron o camiño, e camiñan co paso firme para reclamar o seu espazo. Non é novo, porque sabíamos o que estaban a preparar, pero velos foi emocionante e prometedor. Los Enemigos eran otra das bandas que se esperaba con máis expectación. De sobra coñecida a súa conexión con Galicia, moitas persoas, fieis a banda, achegáronse para escoitar a banda madrileña que soou con moita pegada. A mestría e o oficio de Fino Oyonarte, Chema «Animal» Pérez e David Krahe acompañou a Josele Santiago para dar resposta xusta a expectación creada.
O peche desta edición correu a cargo dos pontevedreses Pladür, un dueto punk, convertido en trío que xustificou porqué foi gañador do concurso de bandas do Rock in Río Tea deste ano. Cancións divertidas, enerxéticas, orixinais a base de «tralla» que fixo as delicias do público. E así foi a edición deste ano, na que tamén participou entre bandas a selección de música de DJ Oscuro, un acerto que debería estar en calquera edición do festival. A tormenta que asomou pola tarde do sábado respectou a música, e Rock in Río Tea viviu a súa edición máis senlleira. E a música parou o tempo, porque cando as cancións son boas e chegan á tripa, o mundo para. Que non pare o Rock in Río Tea.
- Dónde (y dónde no) ver el eclipse de este miércoles cerca de Vigo
- El Gobierno descarta dar un «no» a la planta de SAIC en Ferrol por la seguridad nacional y le pondrá condiciones si es necesario para blindar su viabilidad
- Del hospital Álvaro Cunqueiro a Londres para estudiar a los atletas de gran corazón
- Denuncian a la protectora Os palleiros de Pontevedra por la desaparición y acogida posterior de una perra en Poio
- Pinchan las ruedas de 10 coches de portugueses en la playa de Areacova
- Rumbo directo a Vigo desde Irlanda: The Corrs deja 'sin aliento' a Castrelos
- Tsygankov se suma a la ecuación del ataque del Celta
- Menores con adulto y permiso parental se quedaron fuera de la platea de Castrelos para ver a Abraham Mateo: «Sé que es la ley, pero...»