Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Educación

Salvaterra premia os 17 mellores expedientes

O Concello entregou 14 lotes informáticos e 3 bolsas de estudo ao alumnado máis destacado

Acto de entrega dos galardóns ao alumnado premiado.   | // D.P.

Acto de entrega dos galardóns ao alumnado premiado. | // D.P.

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Salvaterra de Miño

O Concello de Salvaterra de Miño celebrou a XXI edición dos Premios de Educación, correspondentes ao curso 2025-2026, cun acto que reuniu a familias, profesorado e representantes dos centros educativos do municipio. Presidiron a entrega o tenente de alcalde, Ernesto Groba, e a concelleira de Educación, Lorena Soto, quen destacaron o valor desta iniciativa pioneira para incentivar o esforzo e o rendemento académico do alumnado local.

Os premios recoñecen os mellores expedientes de cada etapa educativa (primaria, secundaria, ciclos e bacharelato) e consisten en equipos informáticos formados por unha tablet, unha funda e uns auriculares Bluetooth. En total repartíronse 14 lotes: cinco para o IES Salvaterra de Miño, entre alumnado de 4º da ESO, FP Básica e o Ciclo Formativo de Grao Medio de Caldeiraría e Soldadura; cinco para o CEIP Infante Felipe de Borbón; dous para o CEIP de Leirado; e dous máis para o CEP Carlos Casares Alxén.

Entre os galardoados de primaria destacaron Leia Bañuelos Fernández e Xoel Fernández Míguez, do Carlos Casares Alxén, así como Amalia Mariño Alonso e Sergio Estévez Cordero, do colexio de Leirado. Pola súa banda, o Infante Felipe de Borbón viu premiados a Alba Martín Pajares, Diego Pereira Santos, Icía Riveiro Rivera, Ariadna Nieto Vidal e Lois González Otero.

No IES Salvaterra de Miño, os recoñecementos recaeron en Alba Vázquez Domínguez, Victoria Costal Gómez e Leire Vázquez Fernández, de 4º da ESO; Félix Espinoza Culquicondor, do Ciclo Medio de Soldadura e Caldeiraría; e Brais Alonso Simón, do Ciclo Básico de Carpintaría e Moble.

Ademais dos lotes informáticos, o Concello concedeu tres bolsas de estudo aos mellores expedientes de 2º de Bacharelato, que foron para Ivana García Gómez, Marcela Lorenzo Bernárdez e Íker Lamela Moo. Estas bolsas consisten nunha viaxe a Bray, en Irlanda, coa finalidade de perfeccionar o idioma inglés.

Tracking Pixel Contents