O Museo de Salvaterra mellora a súa accesibilidade
braille
y Instaláronse dous novos equipos dentro do proxecto Visit Río Minho Plus
O Museo da Ciencia do Viño de Salvaterra de Miño conta xa cunha impresora en braille e un sistema de bucles magnéticos, dous equipos que suman un importante avance na accesibilidade dos seus contidos. A actuación forma parte do proxecto Visit Río Minho Plus, no que participan como socios directos os concellos de Tui e Salvaterra de Miño, cofinanciado nun 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027.
Visit Río Minho Plus ten como obxectivo consolidar a marca Río Minho e desenvolver novos produtos turísticos transfronteirizos, baseados no patrimonio natural, histórico e gastronómico da zona como elemento diferenciador.
A impresora en braille permitirá ás persoas con problemas de visión acceder á información sobre os contidos do museo, mentres que o bucle de indución magnética facilitará a comunicación entre o persoal e as persoas con problemas de audición.
Esta iniciativa responde ao compromiso do museo, desde a súa fundación, con espazos máis inclusivos para persoas con diversidade funcional. De feito, trátase dun equipamento altamente interactivo, sensorial e accesible para persoas con mobilidade reducida desde a súa inauguración.
- Bañeras de mármol y piezas de la balaustrada de hace un siglo entre los restos del derribo del antiguo balneario do Outeiro: la Xunta pide a la Policía Autonómica que acuda al inmueble
- Ya está el calendario escolar 2026-2027 en Galicia: fechas de inicio de curso, vacaciones y claves para la conciliación familiar
- Qué supermercados, tiendas y centros comerciales abren en Vigo este 15 de agosto: todos los horarios
- Jesús Cintora pasa las vacaciones en Vigo, ciudad natal de su pareja, la también periodista Rocío Delgado, antes de su nuevo curso televisivo
- El olímpico Carlos Pérez y un compañero del Club de Mar Ría de Aldán socorren a dos accidentados cuando iban a competir en Asturias
- El celtismo despide a Ángel Correa, el eterno «Centolo» de la sonrisa: «Ha sido un golpe durísimo»
- El «Pepe Barreiro», todavía escorado, no podrá volver a Gran Sol hasta principios de octubre
- La Guardia Civil de O Grove detiene a un presunto ladrón de bolsos en A Lanzada