Nigrán conecta de balde Porto do Molle e Praia América no verán
transporte
y O servizo funcionará os fins de semana e festivos de xullo e agosto cunha frecuencia de 20 minutos

Juan González e Diego García na parada do NigranBus. | // D.P.
O Concello de Nigrán volve conectar Porto do Molle e Praia América mediante un autobús directo os fins de semana e festivos de xullo e agosto. A principal novidade desta iniciativa, estreada en 2024, é que nesta ocasión resulta totalmente de balde para os usuarios, xa que o Concello contratou unilateralmente o servizo. Nos anos anteriores, a liña integrábase no «Servizo de Interese Municipal» do Nigranbus, polo que funcionaba coas mesmas tarifas que o transporte regulado.
Desde a pasada fin de semana, chegar a Praia América en tempo récord volve ser posible para a veciñanza que vive máis afastada da costa, mesmo en fins de semana ou festivos.
A liña opera cun vehículo de 22 prazas máis outro adaptado para mobilidade reducida, en horario de 11:00 a 13:00, de 14:25 a 16:30 e de 17:00 a 20:30 horas, con frecuencias cada 20 minutos. O percorrido sae da área de servizo de caravanas de Porto do Molle, fai parada no centro de Nigrán (Praza Rosalía de Castro) e finaliza en Gaifar, xunto á oficina de turismo e a escasos metros da praia.
Diego García Moreira, concelleiro de Mobilidade e deseñador da liña, destaca que «o punto de inicio é ideal» pola dispoñibilidade de aparcamento e por facilitar a vida aos caravanistas, evitando que ocupen espazo na costa.
O resto da semana, a liña intramunicipal Nigranbus, creada en 2022, mantén o seu percorrido habitual de Chandebrito a Priegue, pasando por todas as parroquias e coa mesma parada en Gaifar.
O alcalde, Juan González, subliña que se trata dun «aforro de tempo e combustible», e defende este modelo como unha aposta pola mobilidade sustentable e a redución da pegada de carbono no municipio.
- Muere un marinero del cerco en un accidente mientras faenaba en las Cíes
- El Náutico de San Vicente vuelve a instalar una valla opaca para ocultar sus conciertos y reducir los problemas que causan
- Un incendio forestal que ya supera las 20 hectáreas moviliza decenas de medios en Ponteareas
- Manuel Freire y Dolores Pastoriza celebran los 60 años de casados
- La universidad pasa factura emocional en Galicia: casi 500 estudiantes piden ayuda psicológica a sus campus en un año
- Muere en Ourense Marcos Rodríguez Pantoja, el hombre que vivió más de una década aislado con lobos en Sierra Morena
- Un lunes de colapso en las carreteras de O Morrazo
- Portugal perfila los 12 trenes con los que unirá con Alta Velocidad Lisboa, Oporto y Galicia: más de 500 plazas en dos clases y sin cafetería