Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Redondela

Música para celebrar o Día de Galicia

Sobre estas liñas, Dakidarría tocará a noite do 25.

Sobre estas liñas, Dakidarría tocará a noite do 25. / IÑAKI ABELLA

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Redondela

O Concello de Redondela presentou a programación oficial completa para conmemorar o Día Nacional de Galicia, que se celebrará durante dúas xornadas consecutivas combinando os actos tradicionais na vila con grandes concertos de música galega no Paseo Marítimo de Chapela.

A alcaldesa, Digna Rivas, destacou a relevancia desta programación, «que pon en valor o orgullo pola nosa cultura, a nosa lingua e a nosa identidade a través de propostas musicais diversas e de calidade».

A rexedora subliñou ademais a importancia de descentralizar as celebracións: «Apostamos coma sempre por estender a celebración a Chapela cun gran cartel musical o día 25, garantindo que a veciñanza poida gozar dunha programación de calidade en diferentes espazos de encontro do noso concello».

Venres 24

A programación arrancará o venres 24 de xullo na Praza da Torre co acto institucional, previsto ás 20:30 horas. A continuación chegarán as actuacións folclóricas dos grupos redondeláns, que porán en escena a riqueza da música e o baile tradicional local: Anaquiños, Froles Mareliñas, Airiños de San Simón e O Carballo das Cen Pólas ofrecerán as súas actuacións nunha xornada pensada para achegar as raíces culturais galegas a veciños e visitantes.

Música para celebrar o Día de Galicia

Música para celebrar o Día de Galicia

Sábado 25

O sábado 25 de xullo o epicentro da festa trasladarase ao Paseo Marítimo de Chapela, cun potente cartel de entrada libre que se prolongará ata a madrugada. Os concertos comezarán ás 20:30 horas coa actuación de Noiteson, á que seguirán De Vacas, Dakidarría e Hugo GZ, tres propostas destacadas do panorama musical galego actual que garanten unha noite de festa para todos os públicos.

«Este ano temos unha programación moi ambiciosa coa que garantimos dúas xornadas de celebración de gran calidade cos mellores grupos de música e baile tradicional de Redondela e grandes artistas do panorama galego», apuntou Rivas. Dende o Concello convídase a toda a veciñanza e visitantes a participar activamente nestas dúas xornadas de festa colectiva, que buscan reforzar o sentimento de pertenza e o orgullo pola identidade galega.

Unha parte da programación está financiada polo programa +Música da Deputación de Pontevedra, unha iniciativa que apoia a organización de eventos musicais nos concellos da provincia e que este ano contribúe a facer posible o cartel de Chapela.

Tracking Pixel Contents