Fotografía
Gondomar aposta pola cultura coa exposición «O Pastor»
A mostra do fotógrafo Daniel Bragado Couto, encheu de público o Antigo Matadoiro

Exposición fotográfica «O Pastor». | // D.P.
A pasada fin de semana, o Antigo Matadoiro Municipal de Gondomar acolleu a clausura de «O Pastor», a exposición do fotógrafo gondomareño Daniel Bragado Couto, unha proposta artística que reuniu a numerosos asistentes.
A través dunha coidada colección de imaxes, Dani Bragado ofrece un percorrido pola vida do seu avó, nacido en Zamora e afincado durante boa parte da súa vida en Vigo, onde exerceu con orgullo o oficio de pastor. Un proxecto cargado de sensibilidade que rende homenaxe a unha xeración marcada polo traballo, o esforzo e a dignidade, ao mesmo tempo que convida a reflexionar sobre a importancia de preservar a memoria e as raíces.
A exposición enmarcouse na programación cultural do Concello de Gondomar, convertendo os espazos municipais en lugares de encontro para a creación artística e a difusión de propostas que enriquecen a vida cultural do municipio. Con iniciativas como esta, o concello procura fomentar o talento de proximidade e favorecer unha oferta cultural accesible e de calidade para toda a cidadanía.
O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, destacou que «apostar pola cultura é apostar por un municipio máis dinámico, participativo e orgulloso da súa identidade. Desde o Concello queremos seguir ofrecendo oportunidades para que os nosos artistas poidan dar a coñecer o seu traballo e achegalo a veciños e visitantes».
Así mesmo, o rexedor quixo felicitar ao autor da mostra polo éxito da iniciativa. «Dani Bragado conseguiu transformar unha historia familiar nun relato universal sobre a memoria, o esforzo e as nosas raíces. É un orgullo comprobar o nivel dos nosos creadores mozos e poder acompañalos desde o Concello no desenvolvemento de proxectos como este. Seguiremos impulsando iniciativas que dean visibilidade ao talento de Gondomar e fagan da cultura un sinal de identidade do noso municipio», afirmou.
A exposición permaneceu aberta ao público no Antigo Matadoiro Municipal até o pasado sábado, permitindo a veciños, veciñas e visitantes gozar dunha proposta artística que combinou fotografía, memoria e emoción.
- Muere un marinero del cerco en un accidente mientras faenaba en las Cíes
- El Náutico de San Vicente vuelve a instalar una valla opaca para ocultar sus conciertos y reducir los problemas que causan
- Un incendio forestal que ya supera las 20 hectáreas moviliza decenas de medios en Ponteareas
- Manuel Freire y Dolores Pastoriza celebran los 60 años de casados
- La universidad pasa factura emocional en Galicia: casi 500 estudiantes piden ayuda psicológica a sus campus en un año
- Muere en Ourense Marcos Rodríguez Pantoja, el hombre que vivió más de una década aislado con lobos en Sierra Morena
- Un lunes de colapso en las carreteras de O Morrazo
- Portugal perfila los 12 trenes con los que unirá con Alta Velocidad Lisboa, Oporto y Galicia: más de 500 plazas en dos clases y sin cafetería