Mocidade
Covelo recupera a Festa da Xuventude cunha noite de música
Sete DJ, cantina con prezos populares e agasallos completan unha das grandes citas do verán no municipio, que se celebrará esta noite

Festa da Xuventude no ano 2024. | // D.P.
O Concello de Covelo recupera este ano a Festa da Xuventude, unha das citas máis esperadas pola mocidade, que se celebra hoxe 18 de xullo, a partir das 23:00 horas, na Carballeira do Campo da Feira, dentro da programación das XLV Festas Patronais e do Churrasco.
Despois do parón do pasado ano, a Festa da Xuventude regresa cun formato renovado que reunirá sobre o escenario da Discomóbil Brétemas a un total de sete DJs: DJ Traffic House, Khirs Guez, DJ Kola, DJ Olalla, DJ Charlie, Ferchu e DJ SantiGab, que ofrecerán máis de seis horas de música para todos os gustos. A actividade está organizada polo Concello de Covelo, coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.
A programación completarase cunha cantina con bebidas e bocadillos quentes a prezos populares, ademais do reparto de agasallos da campaña de Xuventude Carné Xove.
O alcalde de Covelo, Juan Pablo Castillo Amigo, destacou a importancia de recuperar este evento, «unha festa que moitos mozos e mozas levaban tempo demandando e que este ano regresa con máis forza para converterse nun referente do verán». O rexedor mostrouse convencido de que a cita atraerá tanto á mocidade de Covelo como doutros concellos da contorna.
Castillo Amigo subliñou tamén que esta actividade forma parte da aposta do Concello por ofrecer unha programación variada e de calidade, pensada para todos os públicos e tódalas idades, con propostas culturais, deportivas, musicais e de lecer ao longo de todo o ano. «O verán é unha época na que Covelo recibe un maior número de visitantes e na que o bo tempo invita a saír á rúa, participar e desfrutar das actividades que organizamos para dinamizar o municipio», sinalou.
- «Premios» contra el absentismo: la industria gallega pacta pluses de 2 euros al día o 700 al año por no faltar al trabajo
- Rescatan a un niño de 5 años que se estaba ahogando en una piscina del balneario de Mondariz
- Vecinos de Ons paralizan los primeros desembarcos del día en protesta por no poder celebrar su fiesta
- Estabilizado el incendio en Moaña junto a la Autovía do Morrazo, en cuya extinción participan dos avionetas, un helicóptero y numerosos medios terrestres
- Cangas multará de forma directa y sin actuar subsidiariamente a los propietarios de fincas sin limpiar que sean reincidentes
- Paco y Carmen, el matrimonio centenario de Nigrán que murió en unos días
- De una valla de ocho metros al «sí, quiero»: Patricia y Rubén ya son marido y mujer
- Tres centenarios al mes pasan por los quirófanos del Chuvi, nueve veces más que hace una década