Covelo acolle en prácticas a dous estudantes
universidade
y Lucía Marín e Carlos Manuel Alonso colaborarán cos departamentos de Servizos Sociais e Secretaría

Os estudantes e o alcalde. | //D.P.
O Concello de Covelo incorporou dous estudantes universitarios en prácticas a través do programa Campus Rural da Universidade de Vigo, unha iniciativa que permite ao alumnado completar a súa formación académica mentres coñece de primeira man o funcionamento da administración local e a realidade do medio rural.
O alcalde de Covelo, Juan Pablo Castillo Amigo, deu a benvida aos dous novos integrantes, que desenvolverán as súas prácticas formativas en distintos departamentos municipais durante os próximos meses.
Lucía Marín Vila, de 20 anos e natural do Porriño, cursa o Grao en Traballo Social no Campus de Ourense. A estudante realizará dous meses e medio de prácticas no Departamento de Servizos Sociais do Concello, onde colaborará co persoal técnico na atención e desenvolvemento das actuacións que este servizo presta á cidadanía.
Pola súa banda, Carlos Manuel Alonso González, de 26 anos e natural de Tui, está a cursar o Grao en Dirección e Xestión Pública no Campus de Pontevedra. Durante cinco meses, desenvolverá as súas prácticas nas oficinas xerais do Concello, colaborando cos departamentos de Secretaría e Tesourería en tarefas de xestión administrativa e funcionamento interno da administración municipal.
O rexedor destacou a importancia deste tipo de programas, que permiten achegar aos universitarios á realidade dos pequenos concellos e ofrecerlles unha experiencia práctica de gran valor para o seu futuro profesional.
«Para o Concello é unha satisfacción poder colaborar coa Universidade de Vigo e ofrecer aos estudantes a oportunidade de completar a súa formación nunha administración local como a nosa. Ao mesmo tempo, a súa incorporación supón unha importante achega para o traballo diario dos distintos departamentos municipais e contribúe a que a mocidade coñeza de preto as oportunidades e a realidade do noso rural», sinalou Castillo Amigo.
Este tipo de colaboracións contribúen, ademais, a poñer en valor o medio rural como un espazo de oportunidades tanto profesionais como persoais para as novas xeracións.
Durante a súa estancia en Covelo, ambos estudantes traballarán man a man co persoal municipal, adquirindo experiencia práctica en ámbitos directamente relacionados cos seus respectivos estudos. A súa incorporación contribuirá, asemade, ao desenvolvemento e reforzo dos servizos públicos que presta o Concello á veciñanza.
- Muere un marinero del cerco en un accidente mientras faenaba en las Cíes
- El Náutico de San Vicente vuelve a instalar una valla opaca para ocultar sus conciertos y reducir los problemas que causan
- Un incendio forestal que ya supera las 20 hectáreas moviliza decenas de medios en Ponteareas
- Manuel Freire y Dolores Pastoriza celebran los 60 años de casados
- La universidad pasa factura emocional en Galicia: casi 500 estudiantes piden ayuda psicológica a sus campus en un año
- Muere en Ourense Marcos Rodríguez Pantoja, el hombre que vivió más de una década aislado con lobos en Sierra Morena
- Un lunes de colapso en las carreteras de O Morrazo
- Portugal perfila los 12 trenes con los que unirá con Alta Velocidad Lisboa, Oporto y Galicia: más de 500 plazas en dos clases y sin cafetería