Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A cativada rosaleira medra con libros dende o berce

natalidade

y O Concello agasalla aos bebés cunha caixiña de primeiros libros

Belén e asúa familia recibindo o agasallo.   | // D.P.

Belén e asúa familia recibindo o agasallo. | // D.P.

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
[O Rosal]

Cada nova vida que chega ao Rosal trae consigo unha historia por escribir, e o Concello quere que esa historia comece con libros. A vila pon en marcha unha iniciativa coa que agasallará a todos os recentemente nacidos e nacidas cunha caixiña cos seus primeiros libros, un detalle simbólico que busca fomentar a lectura dende o berce e achegar os contos á vida familiar.

Belén, xunto aos seus pais Pablo e Minerva, foi unha das primeiras bebés en recibilo, converténdose en parte do inicio dunha iniciativa que o Concello manterá con cada nova vida.

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, explicou o espírito da proposta: «Cando nace unha nena ou un neno nace unha historia, e dende o Concello queremos acompañar ese primeiro capítulo cun agasallo especial. Non é só un libro, é unha invitación a compartir momentos en familia e crear dende o primeiro día o hábito da lectura».

A rexedora subliñou o valor do xesto: «Queremos que rosaleiros e rosaleiras crezan nun lugar onde os libros estean presentes dende o primeiro día». Animou tamén ás familias a ler en voz alta aos bebés e compartir historias, «momentos que quedan para sempre».

Tracking Pixel Contents