Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Baiona recibe aos voluntarios do Campus «Memoria do Mar»

legado

y A iniciativa promove a implicación da mocidade na conservación do patrimonio

Mocidade participante, no Concello.   | // D.P.

Mocidade participante, no Concello. | // D.P.

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
[Baiona]

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, acompañado pola concelleira de Xuventude, Ruth Álvarez, e o concelleiro do Mar, Joaquín López, recibiron no Concello aos participantes no Campus de Voluntariado «Memoria do Mar», unha iniciativa promovida pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia no marco da súa Campaña de Verán.

Orixes diversas

Os 13 mozos e mozas participantes, procedentes de distintos puntos da xeografía galega e española (entre eles Vigo, Santiago de Compostela, Narón e Madrid, entre outros), foron recibidos por membros da Corporación Municipal e seguidamente visitaron a Cofraría de pescadores «A Anunciada» de Baiona.

Durante o encontro, mostraron a súa ilusión por descubrir Baiona, coñecer de primeira man a súa tradición mariñeira e participar nas actividades culturais e festivas que se desenvolven na vila durante a súa estadía.

Documental

O principal obxectivo deste campus de voluntariado é a elaboración dun documental que recolla a memoria e o legado da xente do mar de Baiona. Para iso, as persoas participantes realizarán entrevistas a persoas de referencia vinculadas ao sector marítimo, co propósito de preservar e divulgar este importante patrimonio inmaterial.

Ao longo de toda a actividade, o proxecto incorporará de xeito transversal valores como a igualdade de xénero, o respecto polo medio ambiente e o compromiso cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS), promovendo un modelo de voluntariado baseado na participación, a sustentabilidade e a conservación da memoria colectiva.

O documental resultante presentarase nun acto público o próximo mércores 22 de xullo, ás 20.00 horas, na Capitanía Marítima de Baiona. O evento contará coa participación da directora xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Lara Meneses, ademais de representantes institucionais e das persoas participantes no campus.

Tracking Pixel Contents