Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Lectura

«Atopa un libro no teu camiño» este verán

A iniciativa, promovida por Repair Café Covelo, instalará puntos de intercambio libre de libros

Lourdes Enes, concelleira de Cultura, Patxi García, de Repair Café Covelo, e o alcalde Pablo Castillo.   | // D.P.

Lourdes Enes, concelleira de Cultura, Patxi García, de Repair Café Covelo, e o alcalde Pablo Castillo. | // D.P.

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Covelo

O Concello de Covelo colabora este verán coa iniciativa «Atopa un libro no teu camiño», promovida por Repair Café Covelo, un proxecto comunitario que, ademais de organizar xornadas de reparación gratuíta de pequenos electrodomésticos, aparellos electrónicos, bicicletas, roupa, mobles e outros obxectos, impulsa accións relacionadas coa sustentabilidade, a reutilización e a participación cidadá.

Nesta ocasión, o colectivo pon en marcha unha campaña para fomentar a lectura mediante a creación de puntos de intercambio libre de libros en distintos espazos públicos e establecementos colaboradores do municipio.

A proposta permitirá que calquera persoa poida coller un libro, lelo no momento ou levalo para a casa e, unha vez rematada a lectura, deixalo noutro dos puntos habilitados para que continúe viaxando e chegue a novos lectores. O obxectivo é achegar a lectura á vida cotiá, fomentar o intercambio cultural e dar unha nova vida aos libros.

A iniciativa tamén estará presente na Piscina Municipal de Covelo, un espazo no que xa o pasado verán esta experiencia acadou unha magnífica acollida entre as persoas usuarias, convertendo os momentos de lecer nunha oportunidade para gozar da lectura.

O alcalde de Covelo, Juan Pablo Castillo Amigo, mostrou o seu apoio á iniciativa e amosouse convencido de que «este proxecto levará a lectura a numerosos establecementos do municipio e volverá converter a piscina municipal nun punto de encontro para os amantes dos libros durante o verán, despois do éxito acadado o pasado ano».

Desde o Concello de Covelo destacan o importante labor que desenvolve Repair Café Covelo, non só promovendo a reparación gratuíta de obxectos para evitar residuos e fomentar a economía circular, senón tamén impulsando proxectos sociais e culturais que fortalecen a convivencia e dinamizan a vida do municipio.

O Concello anima á veciñanza e ás persoas visitantes a participar nesta iniciativa, descubrir un libro nos distintos puntos habilitados e contribuír a que a lectura continúe viaxando por Covelo ao longo de todo o verán.

TEMAS

Tracking Pixel Contents