Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Exposición

A arte máis «noire» toma Sabarís

«Malas Compañías» estará no multiusos de Sabarís

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Baiona

O multiusos de Sabarís, en Baiona, acollerá até o 31 de xullo a exposición colectiva «Malas compañías», na que un grupo de artistas tan local como destacado explorarán cadanseu interese persoal dende distintas disciplinas.

A mostra reúne o traballo de cinco creadores con estilos ben diferenciados. Billy King achega a súa obra pictórica con spray, David Lobatoachegará ao público ao seu horror vacui e Víctor Lorenzo exporá as súas características esculturas de madeira. Pola súa banda, Federico Fernández, Premio Nacional de Ilustración, presentará, ademais de obra pictórica, os seus característicos «botimonstruos», pezas que se converteron nun dos seus sinais de identidade. Santiago Riera,á súa vez, exhibirá obra plástica centrada na temática de terror e crime.

«Malas compañías» propón así un percorrido plural por diferentes técnicas e sensibilidades, todas elas unidas por unha estética que non renuncia ao lado inquietante da imaxinación. A convivencia de disciplinas como o spray, a a cerámica ou a pintura achega ao público unha visión ampla das posibilidades expresivas destas técnicas.

A exposición poderá visitarse de forma gratuíta no multiusos de Sabarís en horario de 12:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 21:00 horas, até o 31 de xullo. Trátase dunha oportunidade única para descubrir, en Baiona, propostas artísticas de grande calidade que xogan cos límites do fascinante.

Tracking Pixel Contents