Achégase a XIX Festa da Lamprea Seca
gastronomía
y A Carballeira de Turbela abrirá agosto homenaxeando á lamprea
Arbo prepárase para unha das súas citas máis emblemáticas, a XIX Festa da Lamprea Seca, que se celebrará do 7 ao 9 de agosto na Carballeira de Turbela. O evento rende homenaxe aos dous piares da identidade local: a lamprea e os viños con D.O. Rías Baixas.
O alcalde, Horacio Gil, destacou que a festa «é o momento no que Arbo rende homenaxe unha vez máis aos seus maiores tesouros gastronómicos», convidando a gozar da hospitalidade do concello nun contorno idílico.
O programa arrincará o venres 7 coa apertura de stands de viño e produtos locais, unha feira de artesanía, o concerto tributo a Sabina «Eh Sabina» e o III Festival Lamprey’Music. O sábado 8, o deporte protagonizará a xornada coa Andaina Popular, seguida de actuacións de Sorcha e Xisco Feijóo, ademais de actividades infantís gratuítas. O domingo 9 pechará coa Festa da Bicicleta, pasarrúas tradicionais e os concertos de Pepe Piña e os Robinson e Malvela.
Durante os tres días haberá visitas guiadas ao Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea Arabo. As inscricións para as actividades deportivas, con prazas limitadas, poden realizarse no Concello de Arbo ou por correo electrónico.
- Muere un marinero del cerco en un accidente mientras faenaba en las Cíes
- El Náutico de San Vicente vuelve a instalar una valla opaca para ocultar sus conciertos y reducir los problemas que causan
- Un incendio forestal que ya supera las 20 hectáreas moviliza decenas de medios en Ponteareas
- Manuel Freire y Dolores Pastoriza celebran los 60 años de casados
- La universidad pasa factura emocional en Galicia: casi 500 estudiantes piden ayuda psicológica a sus campus en un año
- Muere en Ourense Marcos Rodríguez Pantoja, el hombre que vivió más de una década aislado con lobos en Sierra Morena
- Un lunes de colapso en las carreteras de O Morrazo
- Portugal perfila los 12 trenes con los que unirá con Alta Velocidad Lisboa, Oporto y Galicia: más de 500 plazas en dos clases y sin cafetería