Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

350 pequenos gladiadores conquistan a Eurocidade en Goián

Un dos cativos participantes.

Un dos cativos participantes. / D.P.

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Tomiño

Nin a calor puido frear o espírito indomable de máis de 350 rapaces e rapazas que participaron na Gladiator Race Junior da Eurocidade Cerveira-Tomiño, convertendo o Espazo Fortaleza de Goián nun campo de batalla cheo de risas e esforzo.

A proba dividiuse en tres categorías: Mini Kids (3-6 anos), Kids (7-11 anos) e Junior (12-20 anos), esta última con equipos mixtos nun percorrido de 2,5 quilómetros e 25 obstáculos. Malia os diferentes niveis de esixencia, todas as categorías compartiron un mesmo obxectivo: a diversión.

Familias e amigos acompañaron aos participantes nunha xornada de deporte ao aire libre, cun escenario privilexiado: o río Miño de fondo. A actividade forma parte da operación 021_REDE_GOV MINHO, cofinanciada ao 75% polo FEDER a través do programa INTERREG VI-A POCTEP.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, subliñou que a proba «representa unha excelente oportunidade» para que a picarada aprenda a gozar do deporte, á vez que reforza «a colaboración transfronteiriza e a convivencia» cos veciños portugueses.

Tracking Pixel Contents