Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A XXXI Festa da Lamprea Seca de Arbo estreará o Museo Arabo

VISITAS

y Arbo reabre as portas do Centro de Interpretación durante os días 7, 8 e 9 de agosto

Interior do Museo Arabo trala súa reforrma.    | // D.P.

Interior do Museo Arabo trala súa reforrma. | // D.P.

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
[Arbo]

A XXXI Festa da Lamprea Seca celebrarase os días 7, 8 e 9 de agosto de 2026 na Carballeira de Turbela, o escenario natural que cada verán se converte no corazón dunha celebración onde os arbenses renden homenaxe aos dous grandes emblemas do municipio: a lamprea e os viños locais.

Durante tres días, veciños e visitantes poderán gozar dunha intensa programación de actividades deportivas, culturais e musicais, coa posibilidade de degustar a lamprea nas súas diferentes receitas tradicionais, sempre acompañada polos mellores caldos das adegas de Arbo.

Un museo renovado

Un dos atractivos máis destacados desta edición é o programa especial de visitas guiadas ao Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea «Arabo», que estrea unha fonda renovación dos seus contidos. O alcalde de Arbo, Horacio Gil, subliñou a importancia destas instalacións para a promoción turística do municipio, definindo o museo como «un espazo que actúa como xanela ao mundo e que proxecta os nosos principais sinais de identidade: a lamprea, o viño e a Festa da Lamprea».

Co obxectivo de chegar a todos os públicos, o museo presenta unha proposta totalmente modernizada. Entre as principais novidades destacan os novos contidos audiovisuais, con proxeccións que recollen o ciclo vital da lamprea, un percorrido polos recursos turísticos do municipio e un vídeo adicado á historia da Festa da Lamprea. Ademais, incorpóranse novos espazos didácticos e infantís con contidos educativos e unha zona especialmente deseñada para a cativada, convertendo o museo nunha experiencia ideal para gozar en familia. O percorrido complétase na zona da Vinoteca, onde os asistentes poderán coñecer as adegas de Arbo con Denominación de Orixe, descubrir os seus viños e participar nunha degustación.

Horarios e reservas

As visitas son de balde, aínda que as prazas son limitadas e require reserva previa. O venres 7 e o sábado 8 de agosto haberá quendas polas mañás ás 11:30 h e ás 13:00 h, e polas tardes ás 16:30 h e ás 18:00 h. O domingo 9 de agosto os pases serán únicamente en horario de mañá, ás 11:30 h e ás 13:00 h.

As reservas poden realizarse por correo electrónico en museoarabo@concellodearbo.gal ou chamando ao teléfono 986 665 778.

Tracking Pixel Contents