Unha maqueta do Santísima Trinidad para os menores tutelados

Presentación do sorteo. | // D.P.
A Fundación Casa-Caridad Hogar San José de Vigo sortea unha réplica naval do navío «Santísima Trinidad», doada polo veciño de Panxón Jesús Iglesias Fernández, coñecido como Suso. A iniciativa busca recadar fondos para que os 20 menores tutelados e a ducia de usuarios do centro de día poidan realizar unha excursión.
Venderanse 1.000 boletos a 1,50 euros cada un, e o número gañador coincidirá co do Sorteo del Niño do 2027. Toda a recadación irá destinada a financiar a actividade de ocio para os menores atendidos por esta institució.
Suso, usuario de 84 anos do Centro Municipal de Enfermidades Neurodexenerativas do CEE de Panxón, é o autor da peza. «Quería doalo a unha entidade que traballase con menores, para que revertise nalgunha actividade de ocio para eles», explicou.
Construído orixinalmente en 1769 nun estaleiro da Habana, o «Santísima Trinidad» foi o buque de guerra máis poderoso do seu tempo, e participou en batallas como a de Trafalgar. A réplica, de case un metro de longo, reproduce con detalle os seus numerosos canóns e levou preto de seis meses de traballo, empregando materiais de refugallo como papeis dun almanaque, madeira de caixas de froita e o pau dunha basoira.
O alcalde de Nigrán, Juan González, e a edil de Maiores, María Mayán, visitaron recentemente a maqueta e destacaron a xenerosidade de Suso, quen xa doara antes outras dúas réplicas ao Concello e expuxo 17 das súas obras no Salón de Plenos o ano pasado.
- Los padres de la alumna con sumas erróneas en la nota de la PAU tras las revisiones denuncian «indefensión»: la corrección de la CiUG llega tras cerrar el primer llamamiento en varias comunidades
- Valença estudia trasladar la estación del AVE Vigo-Oporto a las afueras de la villa fronteriza
- Condenan a un vecino de Vigo a abandonar la vivienda por las continuas molestias al resto de la comunidad
- Inversores compran tres edificios en el centro de Vigo para dedicarlos a pisos turísticos
- Concierto de Juan Luis Guerra en Sanxenxo: el artista salda su deuda con Galicia en una fiesta de ritmos latinos ante 15.000 seguidores
- Juan 'Pegatinas': O San Benito máis triste de todos
- Luto en Lalín por la muerte del expresidente del Motoclub Kilómetro 0, Juan Carlos Blanco
- Tres accidentes casi simultáneos dejan dos heridos, uno de ellos grave, en el sur de la provincia de Pontevedra