Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

San Bieito e Porrigalia fan de xullo o mes das festas no Porriño

celebración

y As dúas festas levarán á vila tradición e recreación histórica

Sobre estas liñas, procesión de San Bieito. Á dereita, Porrigalia no ano 2025.   | // D.P.

Sobre estas liñas, procesión de San Bieito. Á dereita, Porrigalia no ano 2025. | // D.P.

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
[O Porriño]

O Porriño vive un mes de xullo marcado pola intensa actividade festiva, na que se mesturan propostas de lecer para todas as idades. O calendario arrinca coas emblemáticas Festas de San Bieito e culmina coa celebración de Porrigalia.

San Bieito e Porrigalia fan de xullo o mes das festas no Porriño

San Bieito e Porrigalia fan de xullo o mes das festas no Porriño

SanBieito

As Festas de San Bieito, cun forte arraigo no municipio, volven reunir á veciñanza arredor dunha celebración que mantén viva a devoción polo santo, considerado especialmente milagreiro en afeccións da pel.

Un dos momentos máis agardados será, un ano máis, a tradicional poxa das uvas, que se celebra trala misa solemne e a procesión do 11 de xullo. Trátase dunha singular tradición, na que os asistentes compiten por facerse con acios de uvas maduras, alcadando cifras destacadas. Na pasada edición, un dos acios chegou aos 250 euros. A recadación destínase integramente a fins benéficos, reforzando o carácter solidario da celebración.

A programación inclúe tamén propostas dirixidas á mocidade, como o regreso do Mano de Santo DJ Festival na Praza de San Sebastián. Nesta edición contará coa actuación de Kid Mount, unha das voces emerxentes da música urbana en Galicia, acompañado polos DJs locais Shameless e Juan Demarco.

No ámbito cultural, as festas acollen un evento especial coa celebración do 30 aniversario da Coral Polifónica EMMUS e o décimo aniversario da Agrupación Musical do Porriño. Ambas formacións protagonizarán un concerto conxunto que reunirá a preto dun cento de participantes sobre o escenario.

A música de verbena terá tamén un papel destacado, con actuacións da orquestra Salsarena, Disquetoca e DJ Places, mentres que o domingo a orquestra Miramar será a encargada de poñer o broche final ás celebracións. Este ano, ademais, a programación terá moi presente o recordo de Ofelia Méndez Souto, veciña do barrio recentemente falecida e moi implicada na organización.

Porrigalia

Unha vez rematado o San Bieito, o Porriño non baixará o ritmo. A seguinte gran cita será Porrigalia, que nesta edición se celebrará os días 24, 25 e 26 de xullo. Este cambio permitirá unha maior participación tanto da veciñanza como dos visitantes.

Porrigalia converterá de novo a vila nun escenario de recreación histórica no que diferentes civilizacións (galos, romanos, castrexos, gregos e exipcios) competirán nos seus xa coñecidos «Xogos Olímpicos». Aínda que o programa detallado está por anunciar, a expectación é elevada tras o éxito da edición anterior.

Na pasada convocatoria participaron máis de 150 persoas organizadas en nove comparsas, nun evento que combinou probas deportivas, ambientación temática, mercado artesán e gastronomía. Tamén está por desvelar quen será o encargado de dar o pregón e acender a chama olímpica, un dos momentos máis simbólicos da celebración.

Tracking Pixel Contents