Redondela programa 16 roteiros gratuítos para o mes de xullo
natureza
y A axenda deste verán ten como novidade un percorrido nocturno polo novo paseo litoral

Presentación dos roteiros ambientais. | // D.P.
Xullo chega a Redondela cargado de actividades ao ar libre co seu programa de Roteiros Ambientais e Culturais 2026, que suma un total de 16 saídas distribuídas ao longo de todo o mes. A concelleira de Cultura e Turismo, Rita Pérez Táboas, e o concelleiro de Infraestruturas e Sostibilidade, Roberto Villar, presentaron a axenda, que leva anos congregando a un número crecente de participantes.
A oferta deste verán destaca polo seu carácter diverso e accesible. A maioría das actividades son de balde e combinan sendeirismo, patrimonio histórico, astronomía, cáiac e visitas guiadas con enfoque social, dirixidas tanto á veciñanza local como ao turismo de proximidade. Segundo a concelleira Pérez Táboas, «estas propostas dinamizan o turismo local e cultural fóra dos circuítos convencionais», apostando por un modelo de lecer sostible e enraizado no territorio.
O plato forte do programa é a estrea do roteiro «O Mundo das Aves e Outros Animais do Lusco e Fusco», prevista para o domingo 19 de xullo, de 19:45 a 22:00 horas. A actividade terá lugar no novo paseo peonil de Porto Cedeira, unha senda litoral de 2.000 metros habilitada polo Concello para conectar o entorno urbano co mar de forma sostible. O percorrido permitirá aos participantes descubrir a biodiversidade deste espazo natural en horario crepuscular, cando a fauna é máis activa.
O concelleiro Villar destacou que este paseo representa «o compromiso firme do Goberno local por recuperar espazos públicos para a veciñanza e convertelos, ao mesmo tempo, en aulas de natureza abertas a todo o mundo». O edil tamén fixo fincapé no respecto ambiental que rexe todas as actividades, moitas delas desenvolvidas en espazos protexidos como os ríos Pexegueiro (11 de xullo) e Fondón (19 de xullo), ou o xacemento arqueolóxico do Monte Penide (12 de xullo). «Melloramos espazos verdes para que a veciñanza poida gozar deles cun impacto cero no ecosistema», afirmou.
A programación inclúe tamén propostas de marcado valor cultural e social. O itinerario «As Mulleres da Vila: Da Historia á Memoria» celebrarase os días 14 e 28 de xullo, e as visitas guiadas ao Cemiterio dos Eidos están previstas para os días 7 e 21 do mesmo mes. O calendario complétase con saídas en cáiac pola Enseada de San Simón e A Portela, observación astronómica no Miradoiro do Outeiro Grande, paseos nocturnos en Cesantes e dúas visitas teatralizadas no Museo Meirande o sábado 25 de xullo.
As prazas son limitadas e requiren inscrición previa. As persoas interesadas poden apuntarse chamando ao 986 401 713 ou enviando un correo a turismo@redondela.gal.
- El «Vigo Arena», llamado a saldar una deuda histórica: la ciudad olívica es la única gran urbe española sin un recinto cubierto para eventos multitudinarios
- El Concello «encaja» el «Vigo Arena» en Teis: así es la propuesta de vanguardia que colocará la ciudad en el mapa de los grandes conciertos
- El miedo regresa a O Terrón tras otro incidente violento con el mismo protagonista
- La flota teme una nueva expulsión en África por la falta de acuerdo con Mauritania: ya hay barcos repatriados y a la venta
- ¿Confundió David Bisbal la bandera de Galicia con la de Argentina al cantar el tema del Mundial?
- Borja Iglesias, el niño que quería ser Fernando Torres
- El grito eterno del minuto 106
- Vuelca un camión hormigonera en el enlace de la A-52 con la A-55 en Mos