Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Prazo aberto para a comparsa de Xigantes e Cabezudos

festas do carme

y O desfile será o vindeiro 16 de xullo polas rúas do Casco Histórico

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
[Baiona]

O Concello de Baiona iniciou os preparativos para celebrar unha das festas máis agardadas da Vila, as festas do Carme, patroa de todos os mariñeiros.

Por este motivo, a Concellería de Festexos informa de que xa está aberto o período de inscricións para poder participar na comparsa de Xigantes e Cabezudos que desfilará polas rúas do Casco Histórico de Baiona o xoves 16 de xullo.

A comparsa estará composta por dez cabezudos (a Ratoniña, o Popeye, o Demo, o Napoleón, o Negro, a Negra, o Pallaso de cabeza grande e o Pallaso de cabeza pequena, o Gato de cabeza pequena e a Meiga de cabeza pequena) e dous Xigantes (o Rei e a Raíña), que bailarán ao son da música durante o percorrido. Os premios pola participación serán de 30 euros para os cabezudos e de 150 euros para os xigantes.

As inscricións formalizaranse no rexistro do Concello de Baiona no caso de querer facelas de xeito presencial, ou de xeito telemático a través da súa sede electrónica ata as 13:00 horas do 13 de xullo, sendo a idade mínima de participación os 12 anos cumpridos.

Tracking Pixel Contents