Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Ponteareas acollerá o «XIV Festival Groba» este verán

música clásica

y O evento reunirá a grandes intérpretes nacionais e internacionais do 16 ao 22 de agosto

Presentación do XIV Festival Groba.   | // D.P.

Presentación do XIV Festival Groba. | // D.P.

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
[Ponteareas]

O «XIV Festival Groba» volverá situar a música clásica, a creación galega e o legado de Rogelio Groba no centro da súa programación. Organizado pola Orquestra de Cámara Galega e a Fundación Rogelio Groba, conta coa colaboración do Concello de Ponteareas, a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra. As entradas serán de balde para achegar este tipo de música a todos os públicos.

Ao acto asistiron Luisa Sánchez, vicepresidenta da Deputación de Pontevedra; Anxo Lorenzo, Director Xeral de Cultura da Xunta; Nava Castro, alcaldesa de Ponteareas; Juan Carlos González, concelleiro de Cultura; e Rogelio Groba Otero, director artístico do festival.

A Orquestra de Cámara Galega repetirá como formación residente, xunto a intérpretes como Alexandra Tirsu, Julien Quentin, Darío Mariño, Kyril Zlotnikov, Alena Baeva e Hrachya Avanesyan, entre outros.

Groba Otero definiu o festival como «memoria, presente e futuro». González destacou o «luxo» de acoller un evento de tal nivel, mentres Castro subliñou o seu carácter internacional pese a celebrarse en Ponteareas, agradecendo o apoio institucional.

Tracking Pixel Contents