Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Obradoiro de cabaré con Iria Pinheiro

confianza

y O CIM de Mos impulsa esta actividade para fomentar o benestar persoal

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
[Mos]

O Concello de Mos, a través do Centro de Información á Muller (CIM), organiza este mes de xullo un Obradoiro de Cabaret impartido pola artista Iria Pinheiro, unha proposta participativa para descubrir o cabaret contemporáneo como ferramenta de expresión e desenvolvemento persoal.

A actividade, dirixida a persoas maiores de 18 anos, celebrarase no Multiusos das Pozas os martes e xoves, de 10:30 a 12:30 horas, a partir do 7 de xullo. A inscrición é gratuíta e previa, a través do correo cimmos@concellomos.es.

Lonxe dos estereotipos asociados a esta disciplina, o obradoiro propón un espazo seguro e inclusivo no que explorar a expresión corporal, a palabra, o humor e o movemento. As persoas participantes poderán experimentar con distintas linguaxes escénicas nun ambiente distendido, reforzando a súa creatividade e confianza.

A proposta invita a «descubrir, xogar e reinventar o cabaret no século XXI», entendido como unha disciplina artística que combina teatro, música, danza e performance, favorecendo a comunicación e a desinhibición.

A formación estará a cargo de Iria Pinheiro, profesional das artes escénicas, a música e o audiovisual, ademais de autora teatral e poeta, cunha ampla traxectoria na creación artística.

Tracking Pixel Contents