Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A Guarda acolle esta fin de semana o I Aberto de Xadrez Albatros

xadrez

y O torneo celébrase en Camposancos dentro dos actos do XXX aniversario da ACD Albatros

Presentación do I Aberto de Xadrez Albatros.   | // D.P.

Presentación do I Aberto de Xadrez Albatros. | // D.P.

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
[A Guarda]

O Concello da Guarda acolle esta fin de semana o I Aberto de Xadrez Albatros, unha nova competición organizada polo club Xadrez Albatros que celebra a súa primeira edición este sábado e domingo, 4 e 5 de xullo, no local da Asociación Recreativa e Cultural «Os Amigos» de Camposancos.

A cita forma parte das actividades programadas para conmemorar o XXX aniversario da ACD Albatros (1996-2026), tres décadas de traxectoria promovendo o xadrez no municipio.

O torneo, válido para ELO, está aberto a xogadores e xogadoras federados na tempada actual cun ELO igual ou inferior a 2200 puntos, cun límite de 80 prazas. A competición disputarase en seis partidas repartidas en dúas xornadas, cunha rolda pola mañá e dúas pola tarde en cada unha delas.

O equipo técnico estará formado por Miguel Reboredo Otero como director, Khaled Ounes Baz como árbitro principal e Francisco Alonso Dorado como árbitro adxunto.

A organización repartirá 130 euros e trofeo para o gañador, 110 euros e trofeo para o segundo clasificado e 80 euros e trofeo para o terceiro, ademais de premios especiais ao mellor Sub-1800, ao mellor xogador sen ELO e ao mellor participante local.

Tracking Pixel Contents