Gondomar remata a segunda edición das visitas aos Curros
Tradición
y A última oportunidade será o 12 de xullo no curro do Galiñeiro de Vincios

Visita interpretativa aos curros de Gondomar. | // D.P.
O Concello de Gondomar porá o broche final á segunda edición das Visitas Interpretativas aos Curros o próximo 12 de xullo, cunha xornada no Monte Galiñeiro (Vincios).
A iniciativa, impulsada polo goberno local para achegar o patrimonio á cidadanía e promover un turismo cultural e sostible, volveu confirmar o seu éxito tras dúas primeiras xornadas cun notable seguimento veciñal.
Boa acollida
As visitas celebradas nos curros de Morgadáns e San Cibrán recibiron unha excelente acollida por parte dos participantes, que puideron coñecer de primeira man a orixe desta tradición ancestral, a súa evolución ao longo dos séculos e o significado que conserva para a identidade de Gondomar e das súas comunidades rurais. Os asistentes valoraron especialmente o formato dos percorridos, guiados por especialistas que souberon combinar rigor divulgativo e proximidade.
O valor dos curros
A través destas rutas guiadas, a actividade permitiu achegar aos participantes o valor cultural, arqueolóxico, paisaxístico e ambiental dos espazos onde se celebran os curros. Un dos aspectos que máis chamou a atención foi o papel fundamental que desempeña o cabalo salvaxe galego na conservación do monte: a súa presenza favorece o equilibrio ecolóxico e contribúe á prevención de incendios mediante o control natural da vexetación, o que converte esta tradición nun exemplo de aproveitamento sostible do territorio.
Gondomar conta actualmente con tres curros activos (Morgadáns, San Cibrán e Galiñeiro), unha singularidade que a converte nun dos municipios galegos onde esta tradición mantén maior presenza e vitalidade. Esta característica sitúa ao municipio como referente na conservación e divulgación dun patrimonio que entrelaza historia, cultura, natureza e biodiversidade dunha forma difícil de atopar noutros concellos da contorna.
Última oportunidade
A programación rematará o sábado 12 de xullo coa visita interpretativa ao Curro do Monte Galiñeiro, en Vincios, que pechará esta segunda edición cunha xornada que promete ser tan participativa como as anteriores. A organización anima á veciñanza e ás persoas interesadas a sumarse a esta última cita antes de que conclúa a temporada.
O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, amosouse moi satisfeito co desenvolvemento desta edición e agradeceu a implicación de todas as persoas e colectivos que traballan para manter viva esta tradición.
«Con estas visitas non só damos a coñecer unha das nosas señas de identidade, senón que axudamos a comprender o enorme valor histórico, cultural e ambiental que atesouran os curros. Gondomar ten a responsabilidade de conservar este legado e de transmitilo ás novas xeracións para que siga formando parte da nosa identidade durante moitos anos», subliñou o rexedor.
- El «Vigo Arena», llamado a saldar una deuda histórica: la ciudad olívica es la única gran urbe española sin un recinto cubierto para eventos multitudinarios
- El Concello «encaja» el «Vigo Arena» en Teis: así es la propuesta de vanguardia que colocará la ciudad en el mapa de los grandes conciertos
- El miedo regresa a O Terrón tras otro incidente violento con el mismo protagonista
- La flota teme una nueva expulsión en África por la falta de acuerdo con Mauritania: ya hay barcos repatriados y a la venta
- ¿Confundió David Bisbal la bandera de Galicia con la de Argentina al cantar el tema del Mundial?
- Borja Iglesias, el niño que quería ser Fernando Torres
- El grito eterno del minuto 106
- Vuelca un camión hormigonera en el enlace de la A-52 con la A-55 en Mos