I Feira da Saúde e o Benestar en Redondela
prevención
y A Alameda Castelao acolleu unha xornada pioneira organizada pola Mesa Local de Saúde baixo o lema «Coidando a saúde, construímos comunidade»

Acto inaugural da I Feira da Saúde e o Benestar. | // D.P.
A Alameda Castelao de Redondela converteuse nun gran punto de encontro veciñal coa celebración da I Feira da Saúde e o Benestar, unha iniciativa pioneira organizada pola Mesa Local de Saúde coa colaboración do Concello e de numerosas entidades do sector social e sanitario.
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, presidiu o acto de inauguración e amosou o seu orgullo polo nacemento desta cita. Rivas puxo en valor o «traballo extraordinario e transversal» da Mesa Local de Saúde e salientou que a prevención e o benestar «son piares fundamentais para a sociedade e para este Goberno local». A rexedora destacou tamén «a cercanía» que a feira ofrece á cidadanía para acceder de primeira man a información útil sobre saúde e prevención, e expresou o seu desexo de que esta sexa «a primeira doutras moitas actividades que virán no futuro».
Un dos momentos máis destacados da xornada matinal foi a lectura do manifesto da Asociación Érguete, pois o día coincidiu co Día Mundial contra o Uso Indebido e o Tráfico Ilícito de Drogas. A entidade reivindicou o legado das nais fundadoras que hai máis de 40 anos plantaron cara ao narcotráfico en Galicia e instou á cidadanía a «non baixar a garda» ante un negocio que, en palabras do colectivo, «mata». Érguete reclamou ademais un investimento urxente en recursos asistenciais e de prevención.
Ao longo do día,houbo obradoiros de primeiros auxilios a cargo de Cruz Vermella, unha mesa redonda sobre saúde mental coa Asociación Lenda, actividades de prevención do cancro de pel da AECC, campionatos de petanca, ou un Trivial da Saúde con premios organizado polo Centro de Saúde de Redondela.
- El «Vigo Arena», llamado a saldar una deuda histórica: la ciudad olívica es la única gran urbe española sin un recinto cubierto para eventos multitudinarios
- El Concello «encaja» el «Vigo Arena» en Teis: así es la propuesta de vanguardia que colocará la ciudad en el mapa de los grandes conciertos
- El miedo regresa a O Terrón tras otro incidente violento con el mismo protagonista
- La flota teme una nueva expulsión en África por la falta de acuerdo con Mauritania: ya hay barcos repatriados y a la venta
- ¿Confundió David Bisbal la bandera de Galicia con la de Argentina al cantar el tema del Mundial?
- Borja Iglesias, el niño que quería ser Fernando Torres
- El grito eterno del minuto 106
- Vuelca un camión hormigonera en el enlace de la A-52 con la A-55 en Mos