Baiona pon en marcha un amplo programa de visitas guiadas para descubrir o patrimonio
O Concello de Baiona porá en marcha durante os meses de xullo e agosto un programa de visitas guiadas gratuítas dirixido tanto a veciños como a visitantes, co obxectivo de achegar o rico patrimonio histórico, cultural, natural e etnográfico do municipio desde unha perspectiva divulgativa, sostible e de calidade.
Lonxe de limitarse aos lugares máis coñecidos, a programación propón un percorrido por algúns dos espazos máis representativos de Baiona e por outros enclaves de gran valor patrimonial e natural que, malia a súa importancia, adoitan quedar fóra dos itinerarios habituais. Unha forma de coñecer con maior profundidade a historia, a paisaxe e as tradicións que converteron a Baiona nun dos destinos turísticos máis singulares de Galicia.
Así, a programación inclúe percorridos polo Casco Histórico, a Baiona Mariñeira, o Paseo de Monte Boi, a Península de Santa Marta, os Muíños de Baredo, o Camiño Portugués pola Costa e a contorna da Virxe da Rocha, ademais de varias visitas familiares baixo o título «Seguindo os pasos de Drake», deseñadas para achegar a historia local aos máis pequenos mediante unha experiencia participativa e didáctica.
Todas as visitas estarán dirixidas por un guía oficial, garantindo un contido rigoroso e de calidade que permitirá comprender a evolución histórica de Baiona, a súa estreita vinculación co mar, a importancia do seu patrimonio defensivo, a riqueza das súas paisaxes e o valor de elementos menos coñecidos que contribúen a diversificar a oferta turística do municipio.
Este programa busca favorecer a distribución de visitantes por diferentes espazos do territorio, promovendo un maior coñecemento do patrimonio local e fomentando experiencias que convidan a descubrir o destino con calma e profundidade.
As visitas son gratuítas, aínda que contan con cabida limitada, polo que será imprescindible realizar inscrición previa na Oficina de Turismo de Baiona ou a través do correo electrónico oficinadeturismo@baiona.gal.
Desde a Concellería de Turismo anímase tanto á cidadanía como a quen visite Baiona este verán a participar nesta programación, concibida para redescubrir a vila desde novas perspectivas e poñer en valor un patrimonio que vai moito máis alá dos seus lugares máis coñecidos. Cada itinerario ofrece a oportunidade de coñecer historias, paisaxes e tradicións.
- Dos viajeras que perdieron un avión de Madrid a Bruselas por una avería del tren en Ourense no serán indemnizadas por el coste de los billetes adicionales para llegar a Bélgica
- Mueren dos hermanos de Salvaterra en un accidente frontal en Porriño
- Un centenar de personas conforman la batida más multitudinaria para encontrar a María Pereira
- La Panificadora de Vigo creará jurisprudencia nacional
- Depredadores terrestres en alta mar: «Capturábamos incontables tiburones. Hasta el punto de destruir el ecosistema»
- Las manchas naranjas en el mar por microalgas invaden playas de Aldán y O Hío
- Solo se fabrican un máximo 5 al año totalmente a mano y en Ourense: Así es el reloj gallego más exclusivo desde hace un siglo
- Cancelado el festival de este sábado en el Museo do Mar en Vigo por «deficiencias» en la documentación entregada