Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

24 propostas culturais e 31 días de música, cine e festa no Rosal

barrios

y A axenda estival inclúe a Feira do Viño, o Cámara Fest e o Amdor Fest con De Ninghures, entre outros

Presentación da programación de verán.   | // D.P.

Presentación da programación de verán. | // D.P.

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
[O Rosal]

O Concello do Rosal presentou a súa programación cultural de verán, cun total de 24 propostas repartidas ao longo de 31 días de actividades para todos os públicos durante xullo e agosto. O programa Cultura polos Barrios volve levar actuacións a todos os recunchos do municipio, mentres que os Tardeos na Praza contarán con artistas como Litus, Pablo Novoa e a banda de gaitas Lume de Biqueira, que actuará na Praza do Calvario o 20 de agosto.

A música clásica e medieval terá o seu espazo co Cámara Fest, organizado coa Agrupación Musical do Rosal, con actuacións na igrexa e outros espazos. A tradicional Feira do Viño e a Festa do Pilar de Verán terán como momento destacado o concerto de De Ninghures o 25 de xullo, dentro do Amdor Fest. Ao día seguinte, a banda interpretará as obras que levará ao Mundial de Bandas de Kerkrade, e o 1 de agosto a Praza do Calvario acollerá en streaming a retransmisión desa actuación internacional.

O cinema estará presente coa sexta Mostra de Cinema na Praza do Maio de Tabagón e con proxeccións de curtametraxes da asociación Ghorghalado por varios barrios. O documental De Avoas a Netas tamén percorrerá distintos espazos, xunto con propostas de danza e actividades infantís.

A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, destacou que «practicamente non vai haber un só día sen algo que facer no Rosal», mentres que o concelleiro de Cultura, Carlos Villanueva, subliñou o esforzo por levar a cultura a todo o territorio.

Tracking Pixel Contents