Tui encerta o verán con cultura para todos
programación

Presentación da programación con Conchi Sales, Sonsoles Vicente, Andrea Glez. e Pablo Glez. | // D.P.
O Concello de Tui deu a coñecer o programa completo do Verán Cultural 2026, unha proposta que abrangue case dous meses de actividades (do 3 de xullo ao 22 de agosto) e que suma máis de vinte eventos de diversa natureza artística e cultural. A programación aposta tanto polo talento local e galego como polas propostas internacionais.
Folk inaugural
O pistoletazo de saída darao o Festival da Cultura Tradicional e Folk de Tui, que se desenvolverá durante tres días consecutivos e reunirá concertos, exposicións e actividades para todos os públicos. O venres 3 de xullo inaugurará a exposición «Abrindo as Huchas da Bisbarra de Tui» no Espazo Sociocultural, acompañada dun concerto didáctico a cargo de Luis Prego. Ao día seguinte, sábado 4, terá lugar o XI Certame de Gaita e Tamboril, seguido do Concerto de Xisco Feijoo na Praza San Fernando. A clausura chegará o domingo 5 co XI Día da Muíñeira de Tui no Paseo da Corredoira, unha cita xa clásica que homenaxea unha das danzas máis representativas da cultura galega.
Unha das novidades desta edición é a chegada do cinema de verán á Praza de Frómista, que tras a súa recente remodelación acolle por primeira vez este ciclo de proxeccións ao aire libre. Con capacidade para 150 persoas e pases ás 22.30 horas, a programación inclúe tres títulos para o conxunto da familia: o 3 de xullo estreará Flow, unha película de animación recomendada para a infancia; o 10 de xullo será a quenda de Rondallas, de Daniel Sánchez Arévalo; e o 14 de agosto pecharase o ciclo con Moon, mi amigo Panda.
IKFEM
O IKFEM, 14º Festival Tui-Valença, volve ser un dos grandes atractivos do verán tudense. Baixo o concepto de facer da fronteira galego-portuguesa un espazo de encontro e diálogo cultural, o festival desenvolverase do xoves 16 ao domingo 19 de xullo con unha programación de grande nivel.
O xoves 16, Wöyza, coa colaboración especial de Emmy Curl, abrirá as noites na Alameda de Santo Domingo. O venres 17 será a quenda de António Zambujo con Uxía, nun concerto nas Cortinas de São Francisco de Valença que promete ser un dos momentos máis emotivos do verán.
O sábado 18 terá lugar a Ponte Creativa & Enogastronómica, con 30 expositores de arte, artesanía, xoiaría e gastronomía, e un programa musical que se estenderá de mediodía á medianoite con artistas como Hall Still Echoes, Sheila Patricia, Julián Maeso, Monçao Brass, Best Boy, Maria João Soares e La MMarca, gañador do concurso Novas Ondas Sonoras 2025, con actuación de Señora Dj.
O domingo 19 pechará o festival con dous momentos especiais: na Catedral terá lugar o Concerto Homenaxe polo 800 Aniversario da Catedral de Tui, a cargo de Elsa Roldán e David Maceira; e na Alameda, Borja Niso interpretará Ludovico Einaudi Esencial xunto a Rosa Cedrón e o Coro Infantil. A programación completa do IKFEM está dispoñible en ikfem.com.
Tui, porta de entrada do Camiño de Santiago a Galicia, reivindica tamén a súa posición no Camiño a través do programa «Cultura no Camiño», que este verán ofrecerá dous eventos de especial interese. O sábado 25 de xullo, o dúo DOA, formado por Susana de Lorenzo e Xoán Piñón, actuará na Igrexa San Domingos co artista invitado Fran Castro. Ao día seguinte, domingo 26, a Compañía Marta Alonso Tejada presentará na Alameda de San Domingos SOFÁ, un espectáculo de danza-teatro-circo con música en directo que promete sorprender ao público asistente.
O martes 28 de xullo, o Parque do Laxal en Rebordáns acollerá unha nova edición da Noite Internacional do Miño, festival cunha longa traxectoria que nesta edición achegará ao escenario o folclore de Indonesia, Francia, Perú e Letonia. Un programa que converte Tui nun espazo de intercambio cultural entre pobos e tradicións de catro continentes.
Agosto
O mes de agosto abrirase con Música no Claustro, cunha programación que se dará a coñecer proximamente.
O 15 de agosto, a rúa Compostela acollerá a XIV Festa do Miño, organizada polas asociacións culturais de Tui. Gastronomía, música e encontro veciñal nun evento de marcado carácter festivo que ano tras ano congrega a un gran número de participantes.
O venres 21 de agosto, no Paseo Fluvial, celebrarase a trixésima primeira edición do Festival de Bandas de Música de Tui, coas actuacións da Banda de Música de Salcedo e da Banda de Música Popular de Tui, organizadora do evento e peza clave na vida musical da cidade.
Finalmente, o verán cultural pecharase coa sexta edición do Rocha Folk, que os días 21 e 22 de agosto reunirá na ribeira de Caldelas a amantes da música folk nunha proposta que cada ano gaña máis adeptos.
- El gobierno de Cangas no dudará en enviar a la Policía Local si los vendedores del mercadillo vuelven a retrasar su marcha
- El mercadillo de Cangas cerró hoy a su hora entre lamentos de los comerciantes
- Grave imprudencia en Gondomar: interceptan a un niño de 10 años conduciendo una moto con su padre
- Muere un joven de Madrid tras impactar contra una furgoneta en Ourense
- El Sepe identifica cuáles son los empleos con más tirón y prevé que Galicia incorpore 16.000 nuevos cotizantes al año hasta 2028
- Los padres de la alumna con sumas erróneas en la nota de la PAU tras las revisiones denuncian «indefensión»: la corrección de la CiUG llega tras cerrar el primer llamamiento en varias comunidades
- La Cofradía de Pescadores de Aldán denuncia la presencia continuada de yates en el muelle, pese a estar probido
- Las titulaciones que cerraron con las notas de corte más altas del Sistema Universitario de Galicia: tres superan incluso a Medicina