Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Sete asociacións únense no II Mercado Solidario Patas Arriba

animais

y Gatopía reuniu a entidades de toda Galicia para recadar fondos para as colonias felinas de Salceda

II Mercado Solidario Patas Arriba.   | // D.P.

II Mercado Solidario Patas Arriba. | // D.P.

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
[Salceda de Caselas]

A praza do concello de Salceda de Caselas volveu converterse en punto de encontro animalista coa celebración da segunda edición do Mercado Solidario Patas Arriba, organizado por Gatopía, asociación dedicada á protección e alimentación das colonias felinas locais.

Nesta edición participaron sete entidades (Gatopía Salceda, Rescue Galicia, Patudos Peludos, Proyecto Gato, Gatitude, Tu eres nuestra ayuda e Aloia), cada unha con expositor propio de información e material á venda. A iniciativa naceu en 2025 coa finalidade de captar fondos e recursos para as colonias felinas do municipio.

A programación do fin de semana foi ampla e variada. Entre as actividades destacaron obradoiros de chapas, bordado en familia e totes personalizadas, ademais de xogos infantís, pintacaras e un posto de caricaturas. O evento completouse con actuacións de playback, ximnasia na rúa e un concerto aberto ao público. Varios sorteos animaron a participación, entre eles unha camiseta do Celta asinada polos xogadores do club.

As asociacións participantes fixeron un balance moi positivo, valorando non só a recadación obtida e as doacións recibidas, senón tamén a visibilidade conseguida para a súa labor e os lazos creados entre as distintas entidades.

Tracking Pixel Contents