Novena edición do Campus Multideporte en Covelo
conciliación
y A actividade para cativada de 6 a 15 anos inclúe unha xornada no parque Humor Amarillo de Vigo

Participantes no Campus xunto a Pablo Castillo e Lourdes Enes. | // D.P.
Ven de comezar en Covelo unha nova edición do Campus Multideporte, unha iniciativa de deporte e lecer educativo que este ano alcanza a súa novena edición. A actividade, que se desenvolve entre os días 22 e 30 de xuño en horario de 10:00 a 14:00 horas, está dirixida á rapazada do municipio con idades comprendidas entre os 6 e os 15 anos e nace cun dobre propósito: ofrecer unha alternativa de ocio saudable e educativa durante as vacacións escolares e cubrir o período de transición entre o remate do curso e o inicio da Escola de Verán, facilitando así a conciliación da vida familiar e laboral das familias de Covelo.
A proposta está organizada polo Concello de Covelo e conta co financiamento da Deputación de Pontevedra, da Consellería de Política Social e Igualdade e do Ministerio de Igualdade, a través do Plan Corresponsables, dentro da aposta institucional polo apoio ás iniciativas municipais destinadas á infancia e á mocidade.
Ao longo dos días de campus, os participantes gozan dun completo programa de actividades deportivas, xogos cooperativos, dinámicas de grupo e propostas lúdicas adaptadas ás diferentes idades. A través dunha metodoloxía participativa e inclusiva, a iniciativa busca favorecer o desenvolvemento físico, social e emocional da cativada, promovendo valores como o compañeirismo, o respecto, a convivencia, a autonomía persoal, a superación e o xogo limpo, ao tempo que fomenta hábitos de vida saudables e a práctica deportiva regular.
Humor Amarillo
Como novidade desta edición, e mantendo a tradición de incluír cada ano unha actividade especial fóra do municipio, os participantes desprazaranse ata o parque Humor Amarillo, situado no Monte Alba de Vigo, para tomar parte na actividade TANJUN, un emocionante circuíto multiaventura inspirado no coñecido formato televisivo.
Durante a xornada, a rapazada enfrontarase a diferentes retos e probas deportivas adaptadas á súa idade: competicións con traxes de sumo, percorridos de obstáculos, loitas de gladiadores, carreiras de dragóns inchables, probas de equilibrio, xogos de equipo e actividades acuáticas, entre outras dinámicas orientadas á diversión, ao exercicio físico e ao traballo en grupo. Tódalas actividades estarán supervisadas por persoal especializado e desenvolveranse cumprindo as medidas de seguridade necesarias, garantindo unha experiencia educativa, divertida e adaptada ás capacidades de cada participante.
Ao longo dos anos, o Campus Multideporte converteuse nunha referencia para moitas familias de Covelo, que ven nesta iniciativa unha alternativa de lecer activa e segura durante os primeiros días das vacacións estivais.
- El «Vigo Arena», llamado a saldar una deuda histórica: la ciudad olívica es la única gran urbe española sin un recinto cubierto para eventos multitudinarios
- El Concello «encaja» el «Vigo Arena» en Teis: así es la propuesta de vanguardia que colocará la ciudad en el mapa de los grandes conciertos
- El miedo regresa a O Terrón tras otro incidente violento con el mismo protagonista
- La flota teme una nueva expulsión en África por la falta de acuerdo con Mauritania: ya hay barcos repatriados y a la venta
- ¿Confundió David Bisbal la bandera de Galicia con la de Argentina al cantar el tema del Mundial?
- Borja Iglesias, el niño que quería ser Fernando Torres
- El grito eterno del minuto 106
- Vuelca un camión hormigonera en el enlace de la A-52 con la A-55 en Mos